Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A 16ª Mostra de Cultivos afondará nas oportunidades de formación e emprego no agro a ambas beiras do río Miño

O pavillón de Goián acollerá os vindeiros 15, 16 e 17 de marzo actividades dirixidas a profesionais e público xeral

Por primeira vez a Mostra conta na súa programación con contido específico transfronteirizo.

Fecha: 07 de Marzo de 2019

Fuente: Mostra de Cultivos

A Mostra de Cultivos do Baixo Miño chega á súa décimo sexta edición cun obxectivo claro: apostar pola profesionalización do sector abordándoa dun xeito transfronteirizo. Por este motivo, a Asociación Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e o Concello de Tomiño en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño desenvolverán durante a Mostra unha programación con contido específico transfronteirizo que terá como acción principal un workshop sobre ‘Oportunidades de formación e emprego no agro' que contará coa colaboración de empresas e centros educativos de Galicia e do norte de Portugal.

Este workshop servirá para facer unha diagnose das necesidades formativas do sector, así como para informar ás empresas das modalidade formativas xa existentes a ambas beiras do río Miño, promovendo fórmulas para unha relación estable entre empresas e docentes e presentando a Bolsa de emprego agraria transfronteiriza. Ademais, esta actividade contará cunha xornada técnica sobre ‘O agro como motor de desenvolvemento sostible transfronteirizo'.

Para participar neste workshop, que se celebrará o 15 e 16 de marzo, é necesario facer inscrición previa a través do seguinte enlace: cort.as/-F18W.

A programación transfronteiriza completarase coa presentación da misión comercial inversa transfronteiriza que se está a organizar co obxectivo de facilitar a materialización de relacións comerciais coas empresas do sector agrícola do norte de Portugal e do Baixo Miño.

Unha Mostra para todos os públicos
A XV Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrarase do 15 ao 17 de marzo no pavillón municipal de Goián, organizada de forma conxunta pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e o Concello de Tomiño. O eixo central desta nova edición xirará arredor do sector agrario no Baixo Miño como modelo de desenvolvemento sostible do territorio. "A situación actual do agro evidencia a necesidade de poñer en valor o sector, traballando nos conceptos de sustentabilidade social e ambiental, na colaboración e cooperación entre os diferentes grupos de interese, no diálogo, na implicación social e na veciñanza", sinala a presidenta de acuBam, Patricia Rogríguez.

Serán tres días repletos de actividades divulgativas dirixidas a profesionais e a público xeral, con actividades pensadas tamén para desfrutar en familia. Así, por exemplo, o domingo 16 o chef Iván Méndez ensinará como preparar produtos do país con dous showcooking (un para cativos e cativas -12.30 h- e outro para adultos -17.30 h-), mentres que os nenos e nenas poderán desfrutar dunha xornada chea de xogos e talleres cunha temática vencellada principalmente aos cultivos e á froita (de 11 a 19 h). Tamén haberá un taller de plantación no stand do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, que permitirá ás persoas participantes levarse a casa a súa propia planta, ou un obradoiro de purín de ortigas como ferramenta ecolóxica para a horta.

Ademais, desde o compromiso social e a través da colaboración con San Xerome Emiliani, o público poderá comprar durante sábado e domingo produtos agrarios doados polos produtores no stand da asociación. A recadación irá destinada integramente á rehabilitación das instalacións nas que esta entidade produce a camelia do té.

32 expositores e máis de 15 actividades
A 16ª Mostra de Cultivos conta esta edición cun amplo programa de actividade e con 32 expositores que amosarán as súas novidades ao público asistente. Así, o futuro chegará un ano máis da man de Acubam Innovación, un certame que chega á súa cuarta edición recollendo innovacións tecnolóxicas aplicables a calquera elo da cadea de valor do agro na comarca e que este ano amosará importantes novidades no sector.

Por outra banda, durante a Mostra darase a coñecer o gañador ou gañadora dos Premios Xardín Galego, posto en marcha o ano pasado por Acubam e pola Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) co obxectivo de dignificar e promocionar o sector da xardinería en Galicia.
Ademais, o público poderá asistir a calquera das catro mesas técnicas organizadas para a ocasión, na que se tratarán dende as cubertas axardinadas e a xardinería vertical, o agro como motor de desenvolvemento sostible transfronteirizo ou técnicas de control de impacto da vespa velutina na contorna ata o tema da auga no rural.

Ao longo dos tres días que dura a mostra, o público tamén poderá desfrutar dunha exposición de arte do Colectivo Somosarte, composto por artistas, escultores e pintores locais que amosarán as súas obras vinculadas á temática do agro no Baixo Miño.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones