Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AECT Río Miño presenta dúas candidaturas á segunda convocatoria do Interreg VA

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, deu a coñecer estes proxectos ante a Subdirección Xeral de Cooperación Territorial Europea

Rede Lab Miño e Visit Rio Minho Plus permitirán completar as accións postas en marcha durante a primeira fase do Interreg 2014 -2020

Fecha: 12 de Diciembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, reuniuse hoxe en Madrid coa subdirectora xeral de Cooperación Territorial Europea da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios, María del Carmen Hernández Martín, para presentarlle os novos proxectos presentados á 2º convocatoria do Interreg VA España- Portugal (POCTEP) 2014 -2020": Rede Lab Miño e Visit Rio Minho Plus. Benítez estivo acompañado polo vice director do agrupamento, o portugués Fernando Brito Nogueira, e polo secretariado técnico da entidade.

Segundo informou Uxío Benítez, o orzamento global total de Rede Lab Miño e Visit Rio Miño Plus, ascende a preto de 3,5 millóns, que se destinarán a dar continuidade aos proxectos Smart Minho e Visit Rio Minho, que xa se desenvolven na actualidade, e que foron aprobados na primeira candidatura destes fondos europeos. Xunto coa AECT Río Miño, integrada pola Deputación de Pontevedra e o CIM Alto Minho, participan nestes proxectos a Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais, o Centro Tecnolóxico do Mar, a Universidade de Vigo e varias cámaras municipais portuguesas.

Á espera da resolución destas dúas candidaturas, Benítez fixo fincapé sobre un dos maiores desafíos aos que se enfronta a cooperación transfronteiriza, que é "a falta de fondos europeos, xa que os programas para España - Portugal reduciron a súas inversións nas rexións fronteirizas, orientando cada vez máis o seu apoio a territorios afastados das áreas limítrofes o que desvirtúa por completo o sentido destas axudas", unha reclamación na que se leva insistindo dende a Deputación de Pontevedra en reiteradas ocasións.


Proxectos en execución

Dende o pasado mes de novembro, a AECT Río Miño é socia do proxecto de mellora da eficacia da cooperación institucional, Smart Minho, dende o que se impulsou a elaboración da "Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030" e que tamén inclúe a posta en marcha de diferentes plans piloto de mobilidade e cultura, xestionados conxuntamente entre España e Portugal.

Por outro lado, un dos obxectivos da entidade é promover o Río Miño Transfronteirizo como un destino ecoturístico de excelencia, a través da posta en valor do seu patrimonio natural e cultural e a creación dunha marca "Río Miño", que permita dar a coñecer, tanto o territorio, como os seus produtos. Estas liñas de actuación están recollidas dentro do proxecto Visit Río Miño, que tamén contempla a creación dun anel verde de sendeiros transfronteirizos, un gran atractivo para aqueles turistas que busquen destinos de natureza, calidade e non masificados.

Visit Rio Minho e Smart Minho tamén son proxectos cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa Interreg VA España- Portugal (POCTEP) 2014 -2020", neste caso aprobados na primeira candidatura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones