Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AGRUPACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL DE TOMIÑO RECIBE TRAXES PARA A LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA

Entregounos o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, durante unha xornada formativa celebrada na sede da Delegación Territorial

Entregounos o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, durante unha xornada formativa celebrada na sede da Delegación Territorial

Fecha: 12 de Mayo de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo esta mañá entrega de 20 traxes específicos para a loita contra a vespa velutina a 10 agrupacións civís da provincia, entre eles aos dos concellos de Tomiño, Salceda de Caselas e Mondariz.

O delegado fixo entrega deste material durante unha ‘Xornada formativa sobre o control da vespa velutina' organizada pola Academia Galega de Seguridade Pública da Consellería de Presidencia, a través da cal téntase conseguir que as persoas que traballan na xestión das emerxencias conten cos mellores medios e traballen nas mellores condicións.

José Manuel Cores Tourís incidiu na importancia da formación e de contar con equipamentos axeitados, dous dos piares para que estes grupos de emerxencias poidan ofrecer un servizo óptimo á cidadanía. "Máis preparados e equipados os GES poderán ofrecer unha mellor resposta ante calquera incidencia, especialmente na loita contra este tipo de vespa", manifestou o delegado territorial.

Grazas a estes traxes pódese levar a cabo con seguridade a destrución e retirada de niños da velutina por parte das Asociacións de Voluntarios de Protección Civil dos concellos onde esta especie estea actuando ou se prevea un posible avance. No caso da provincia de Pontevedra, beneficiaranse desta achega os grupos de protección civil do Grove, Marín, Moaña, Mondariz, Moraña, Ribadumia, Salceda de Caselas, Tomiño, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

1.697 niños retirados na provincia de Pontevedra
Dende a administración autonómica insistiuse na importancia da coordinación entre as diferentes administracións na loita contra a vespa velutina e o esforzo que está a realizar a Xunta para facer fronte a este problema.

Neste sentido, José Manuel Cores Tourís recordou que a Consellería de Medio Rural retirou ou inactivou o pasado ano máis de 5.600 niños desta especie en 170 concellos de toda Galicia. "Na nosa provincia, retiráronse 1.697 niños, e en concreto, nos concellos que hoxe recibiron o equipamento, foron un total de 283, sendo os de Tomiño (149) e Salceda de Caselas (67) os que tiveron maior incidencia. No concello de Mondariz foron retirados 4 niños", engadiu o delegado territorial.

A todos estes habería que sumar os intervidos por outros axentes, como asociacións apícolas, concellos ou parques de bombeiros, co que o número chegaría a preto de 8.000 actuacións en toda Galicia.

Ademais, a Xunta entregou o pasado mes de febreiro 1.200 trampas comerciais e botes de líquido atraente aos apicultores con asentamentos localizados en concellos nos que se detectaron niños desta vespa. E estase a reforzar este reparto ao longo da primavera, período no que as raíñas desta especie saen da época de hibernación.

"Hai que recordar á poboación que cando localice un destes niños ten que chamar ao 012 para alertar da súa presenza, dando a localización máis exacta do mesmo e a súa descrición de cara a que os servizos de emerxencia poidan confirmar se se trata ou non dun niño de esta especie, que son grandes e redondos, están colgados en zonas altas e son de cor amarelo. As vespas son grandes tamén, con patas amarelas e cabeza e tórax escuro case negro", explicou pola súa banda un dos poñentes da xornada de hoxe, Juan Luis López Seoane, de Tragsatec, quen engadiu que se considera situación de risco cando os niños aparecen en vivendas habitadas, en establecementos singulares como escolas, igrexas ou hospitais, e en lugares de paso de poboación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones