Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Rosal beneficiaro das axudas de equipamento

O Rosal será dotado cun todo-terreo pick-up e unha tenda de campaña

O Rosal será dotado cun todo-terreo pick-up e unha tenda de campaña

Fecha: 30 de Agosto de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou hoxe que o Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a resolución da convocatoria de subvencións para a adquisición de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, beneficiándose un total de 11 concellos da provincia de Pontevedra.

En concreto, beneficiaranse as agrupacións de Vilagarcía de Arousa, Cerdedo-Cotobade, Poio, Redondela e Marín, que reciben unha tenda de campaña, xunto ao Rosal, que será dotado cun todo-terreo pick-up. Tamén beneficiaranse os 5 concellos que conforman a agrupación do Oitavén-Tea (A Lama, Covelo, Mondariz, Fornelos de Montes e Mondariz-Balneario) con outra tenda de campaña.

O equipamento para ceder ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil beneficiadas distribúese en tres liñas de axuda: unha de 16 vehículos todo terreo tipo pick-up, outra de 21 remolques para a atención ás emerxencias e unha terceira para adquirir 29 tendas de campaña de emerxencias. A adquisición do equipamento é en réxime de concorrencia competitiva e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O seu importe supera o millón de euros. Esta orde de axudas permitirá mellorar os medios dos que dispoñen as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil en 66 concellos galegos.

As entidades beneficiarias ás que se lles concedeu o equipamento solicitado terán de prazo dez días hábiles desde a recepción a comunicación da resolución favorable para aceptar ou renunciar á subvención. Se algún dos beneficiarios renuncia redistribuirase o equipamento non adxudicado en base á lista de reserva integrada por todos os solicitantes admitidos segundo a puntuación de cada entidade.

O prazo estimado para a sinatura da acta de cesión dos vehículos todo terreo tipo pick-up e dos remolques para a atención de emerxencias será de tres meses. No caso das tendas de campaña, a cesión quedará condicionada á finalización do novo expediente de contratación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones