Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Agrupación Musical de O Rosal recibirá da Deputación 7.638 euros

Axuda concedida para para profesorado e actividades docentes

Axuda concedida para para profesorado e actividades docentes

Fecha: 24 de Noviembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A liña de axudas, convocada polo departamento provincial de Cultura e Lingua, está dotada cun orzamento de 80.000 euros. Xunta do Goberno provincial aprobará mañá a resolución da liña de axudas a escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro, e a través da cal se aproban as solicitudes de 14 escolas destas características. Hai que lembrar que esta liña foi convocada polo departamento de Cultura e Lingua co obxecto subvencionar o funcionamento e profesorado, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de musica dependentes de entidades sen ánimo de lucro que tiveran entre os seus obxectivos a formación musical.

No concello de Pontevedra aprobouse a solicitude da escola Músico Cultural San Martiño de Salcedo cun importe de 5.000 euros. Na comarca do Deza foi aprobada a solicitude da escola da Banda de Lalín con 3.068 euros. Na comarca de Vigo foron aprobadas 7 solicitudes: a escola da Agrupación Musical de Vincios, en Gondomar, con 7.440; a da Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, en Mos, con 8.432 euros; a de Amigos da Música de Salceda de Caselas con 6.448 euros; a da Sociedade Deportiva e Cultural Atlántida de Matamá, en Vigo, con 5.257 euros; a da Unión Musical de Valadares de Vigo con 6.150 euros; a da Asociación da Banda Escola de Música de Beade, en Vigo, con 6.944; e a da Unión Musical de Coruxo, tamén en Vigo, con 3.968 euros. En O Condado aprobáronse as solicitudes da escola da Banda Xuvenil de Xinzo con 3.769 e a da Banda de Música La Unión de Guláns con 4.761 euros, ambas do concello de Ponteareas, e a da escola da Banda de Música de Rubiós, en As Neves, con 5.952 euros. No Baixo Miño aprobouse a solicitude da escola da Agrupación Musical de O Rosal con 7.638 euros, e no Salnés a da Asociación Pro-Escola de Música Concello de Vilanova de Arousa con 4.265 euros.

Hai que lembrar que para esta liña de subvencións a partida orzamentaria era de 80.000 euros e que a súa concesión se realizou en réxime de concorrencia competitiva. Para a adxudicación tivéronse en conta catro criterios: o número de alumnas e alumnos matriculados no curso 2016-2017; o número de docentes; o orzamento da escola de música; e o grao de desenvolvemento artístico na zona.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones