Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ALCALDESA DE OIA SERÁ A REPRESENTANTE COMARCAL PARA O BAIXO MIÑO

Foi nombrada no Congreso Provincial realizado o pasado Sábado

Foi nombrada no Congreso Provincial realizado o pasado Sábado

Fecha: 14 de Marzo de 2016

Fuente: PP Pontevedra

O novo presidente do Partido Popular na provincia, Alfonso Rueda, presentou ante o Congreso provincial unha candidatura na que integra a unha nova xeración de dirixentes, "que debe ser a que dea un paso á fronte e ofreza unha nova visión da política". Esta é unha das tres principais premisas nas que se fixou para perfilar o seu equipo, no que tamén quixo apostar por alcaldes novos, sen olvidar aos que levan tempo xa gañando eleccións e que coñecen a política de proximidade; así como que a provincia estivese ben representada, non só por criterios territoriais, senón tamén no que se refire á súa diversidade.

Durante a súa intervención, incidiu en que "representamos os sonos e as ilusións dos cidadáns da provincia de Pontevedra en xeral, e dos 35.000 afiliados do PP en particular, e non os podemos defraudar". Nesta liña, Alfonso Rueda comprometeuse ante a militancia a facer todo o que estea na súa man para respostar ás súas expectativas e para non defraudala. Tamén lles agradeceu "ser a nosa voz, os nosos ollos e os nosos oídos".

No que respecta ao equipo, é máis reducido que noutras ocasións, xa que entende que é preciso unha maior operatividade e axilidade na toma de decisións. Destacou que presenta un comité executivo "con mulleres e homes de perfil urbano e rural; políticos novos e veteranos, cunha media de idade de 40 anos; alcaldes consagrados, rexedores que se estrean e voceiros da oposición; e persoas da xeración do twitter e tamén dos que coñeceron a tele con carta de axuste". De todos os xeitos, convidou a que "todas aquelas persoas que queiran traballar, estén nou non na lista, aquí van ter sitio para facelo".

Xunto con Alfonso Rueda, estarán no comité executivo provincial Jose Manuel Cores Tourís, como secretario xeral; Nidia Arévalo, como vicepresidenta; e Elena Muñoz, como vicesecretaria.

No que respecta aos coordinadores executivos, haberá un equipo de oito persoas. Luisa Piñeiro será a coordinadora de organización; Jorge Cubela, de participación e novos canles de comunicación; Jose Juan Durán, de acción electoral; Luis Aragunde, do Mar; Miguel Dubois, de Medio Rural; Marián García, de Política Social e Igualdade; Nava Castro, de Política Económica e do Emprego; e Jose Benito Suárez Costa, de Relación cos Afiliados.

Créase ademáis a figura do coordinador comarcal, que fará de enlace entre os diferentes concellos dunha comarca e a propia dirección provincial. Os coordinadores comarcais serán:
o Baixo Miño: Cristina Correa Pombal
o Caldas - Umia: José María Bello Maneiro
o Condado: Marta Valcárcel Gómez
o Deza: Luís López Diéguez
o Morrazo: María Ramallo Vázquez
o Paradanta: Miguel Domínguez Alfonso
o Pontevedra: Ángel Moldes Martínez
o Salnés: Lourdes Ucha Varela
o Tabeirós: José López Campos
o Val Miñor: Jesús Vázquez Almuíña
o Vigo: Javier Bas Corugeira

Ademais hai 22 vogais, que se suman aos membros natos do comité executivo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones