Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ALCALDESA DE TOMIÑO PARTICIPA NO ENCONTRO -FALEMOS DE MERCADOS DE FUTURO-CELEBRADO NA CIDADE DA CULTURA

O Conselleiro Francisco Conde destacou do mercado de Tomiño que funde as súas raíces na tradición para medrar cara ao futuro

O Conselleiro Francisco Conde destacou do mercado de Tomiño que funde as súas raíces na tradición para medrar cara ao futuro

Fecha: 25 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño ven de participar no encontro "Falemos de mercados de futuro" organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria na Cidade da Cultura.

Tomiño participou en calidade de exemplo de intervención no mercado municipal. O vindeiro mes de decembro cumpriarase o primeiro aniversario da remodelación do mercado que ten destacado pola súa calidade.

O mercado de Tomiño foi un proxecto que contou coa participación de praceiros e usuarios e que neste curto periodo de tempo transformouse no motor comercial do Seixo.

No encontro "Falemos de mercados de futuro" a Alcaldesa participou xunto a xerente da Praza de Abastos de Santiago de Compostela, Marta Rey, do xerente da Federación de Mercados de Vigo, Delmiro Hermida, da xerente da Federación de Prazas de Abastos de Galicia, María del Carmen Rodríguez, do vicepresidente da Federación Galega de Xoves Empresarios, Marcos Balboa e do Alcalde de Bande, Jose Antonio Armada expondo a experiencia do proxecto do mercado municipal.

A xornada serviu para coñecer diferentes traballos levados a cabo no eido das prazas de abastos de cara ao futuro Plan de Mercados Excelentes. Este programa servirá para distinguir os mercados que cumpran con determinados parámetros relacionados coa arquitectura, instalacións, accesibilidade, xestión e organización, actividade comercial, atención ao cliente ou servizos engadidos e mellora contínua.

Este Plan de Mercados Excelentes busca reforzar o emprendemento nas prazas e impulsar novos establecementos en mercados de baixa ocupación.

A Alcaldesa de Tomiño mostrou a súa satisfacción polos diferentes recoñecementos ao mercado do Seixo. Segundo González "seguimos traballando de cara a dinamizar o comercio e a que o mercado de Tomiño sigan sendo un exemplo de praza de abastos do futuro".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones