Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A alcaldesa de Tomiño pide á conselleira de Infraestruturas que desprace a un técnico para informar á veciñanza sobre o 2º tramo da VAP

A rexedora local agradeceu a Ethel Vázquez que o proxecto permita aos propietarios de fincas lindantes acceder a través de pasos inferiores

A rexedora local agradeceu a Ethel Vázquez que o proxecto permita aos propietarios de fincas lindantes acceder a través de pasos inferiores

Fecha: 03 de Julio de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A alcaldesa de Tomiño solicitou á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que a Xunta envíe un técnico para explicar de forma máis ampla o proxecto do 2º tramo da VAP Tui- A Guarda e o proceso de alegacións. Asemade, agradeceu que o novo trazado do tramo presentado hoxe en Tomiño, permita á veciñanza do lugar acceder a través de varias glorietas, o que dota ao vial dunha boa conectividade co territorio.

Por outra banda, a rexedora comprometeuse a estudar o novo proxecto cos técnicos municipais para, en caso de ser necesario, presentar algunha alegación de cara á mellora do mesmo.

Trátase do inicio do proceso de información pública do proxecto de trazado do desdobramento da estrada PO-552 na recta de Figueiró, en Tomiño, que suporá un investimento autonómico de case 12 millóns de euros.
Ethel Vázquez informou que este proxecto pretende converter nunha autovía urbana o treito de 2,1 quilómetros da actual estrada autonómica PO-552 entre a glorieta de Goián -na que remata o treito da VAP actualmente en servizo- e o acceso ao núcleo de Estás. Por esta razón, estará sometido ás achegas dos interesados ata o vindeiro 14 de agosto, tal como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. O obxectivo da Xunta é poder aprobar o trazado este ano para desenvolver a continuación o proxecto construtivo da actuación.

A conselleira remarcou que se trata da proposta de trazado que garante a viabilidade da actuación coa menor afección ambiental e social e maior accesibilidade, nun treito con case 15.000 vehículos ao día.
Trátase, detallou, do primeiro subtreito no que se dividiu o treito central da vía de altas prestacións coa finalidade de racionalizar o seu trazado e de minimizar o seu impacto territorial, tanto pola afección na ribeira do río Miño como a afección ás vivendas. O investimento previsto pola Xunta ascende a case 12 millóns de euros.

Contará con 2 carrís de circulación para cada sentido, con dúas calzadas separadas entre si e con acceso limitado para reforzar a seguridade viaria, habilitando pasos inferiores e camiños de servizo desde as propiedades lindantes.

Executaranse 3 glorietas para permitir os xiros en condicións de máxima seguridade: a glorieta de Goián, a de Figueiró e a de Estás e realizarase un ramal directo de incorporación desde a estrada autonómica PO-553, que vai desde Goián á fronteira portuguesa, ademais dun ramal directo de conexión co treito xa en servizo da Vía de Altas Prestacións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones