Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A alcaldesa de Tomiño solicita á xunta a financiación do colector xeral que daría saneamento a 3500 habitantes das parroquias de Amorín, Currás, Sobrada e Piñeiro

O director de Augas de Galicia comprometeuse a estudar o proxecto e buscar financiación a través de fondos europeos

O director de Augas de Galicia comprometeuse a estudar o proxecto e buscar financiación a través de fondos europeos

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reuniuse esta semana co presidente de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, en Santiago de Compostela, co fin solicitar unha vez máis, que a Xunta de Galicia, permita levar a cabo, tal como estaba previsto en anteriores lexislaturas, o treito 3 do colector xeral, que posibilitaría solucionar a situación das parroquias de Amorín, Sobrada e Currás, tres das parroquias máis afectadas, pola falta de saneamento.

A rexedora tomiñesa agradeceu a boa disposición do director do organismo, que se comprometeu a estudiar en profundidade o caso para ver a súa viabilidade, a través dalgunha liña de programas europeos que permita financiar este tipo de obras.

Durante a reunión, a alcaldesa presentoulle un resumo das actuacións levadas a cabo en temas de saneamento nos últimos anos, nos que se pasou das 1020 vivendas que había en 2007 ás 2822 que na actualidade contan con este servizo.

O investimento total para conseguir este cambio supera os 5 millóns de euros, investidos durante as tres últimas lexislaturas, completándose este ano o saneamento dos barrios próximos ao casco urbano, que dará servizo a 160 novos fogares.

O "III Tramo do Colector Xeral Torrón-Carregal" é un proxecto que conta con todos os informes e autorizacións sectoriais necesarios e con compromiso de financiamento de 1,5 millóns de euros por parte do goberno da Xunta de Galicia dende o ano 2007.

A pesar de ter todos os permisos e informes preceptivos e de aprobar o inicio do expediente de expropiación, no ano 2009, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil traslada a competencia do proxecto a Augas de Galicia. E dous anos despois ocorre xustamente o contrario, declarando no 2012 a Confederación Hidrolóxica a imposibilidade de realizar o colector.

No 2014 trasládase novamente a Augas de Galicia a competencia do proxecto, mantendo a alcaldesa de Tomiño sendas reunións cos directores deste organismo para tentar reflotar a obra, de momento, sen éxito.

A materialización do mencionado colector Torrón-Carregal significaría dotar do servizo de saneamento a máis de 3500 veciños/as das parroquias de Amorín (Carregal de Arriba, Carregal de Abaixo, Arrotea, Outeiro, Baceiro); Currás (Estrada, Monte, Cruceiro, Barral); Sobrada (Aldea, Torrón, Escampados, Outeiro, Gandariña, Monte, Portela, Cruceiro, Gándara) e Piñeiro (Bouzón, Bouzada, Riás). A zona máis próxima ao termo municipal de Tui e a que na actualidade non posúe alcantarillado, tendo que asumir altos custes de baleirado de foxas sépticas, con riscos de contaminación de augas e do entorno ambiental.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí