Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ANPA das Escolas Rurais de O Rosal pon en marcha o servizo de comedor e Aula Madruga

O pasado luns 4 de novembro a ANPA consegue iniciar o servizo de comedor, así como o servizo de aula madruga que xa está dispoñible dende principio de curso.

O pasado luns 4 de novembro a ANPA consegue iniciar o servizo de comedor, así como o servizo de aula madruga que xa está dispoñible dende principio de curso.

Fecha: 19 de Noviembre de 2019

Fuente: ANPA ESCOLAS RURAIS O ROSAL

O pasado luns 4 de novembro a ANPA consegue iniciar o servizo de comedor, así como o servizo de aula madruga que xa está dispoñible dende principio de curso.

Dende a ANPA, recalcan que foi sempre un obxectivo principal desta asociación, xa que consideran que no rural este servizo facilita a incorporación da muller ó mercado laboral e polo tanto a conciliación da familia.

A conciliación familiar, dadas as circunstancias actuais, fai que hoxe o comedor sexa unha necesidade fundamental para garantir a educación dos nenos e nenas en todas a franxas de idade. Esta necesidade é global, polo que se traslada tamén aos Centros Rurais, como é o caso.
Despois de moitos meses de traballo lograron, non sen dificultades, habilitar un centro no Concello do Rosal, e xuntar a todos os nenos e nenas dos 6 centros escolares espallados por todo o municipio para ofertar estes servizos que consideran indispensables, para o que contan coa colaboración do seu profesorado.

Sen ningún tipo de axudas por parte da Xunta de Galicia, que é o organismo que ten a competencia en Educación e en transporte, dende a ANPA queren agradecer ó Concello o esforzo que vai facer quintuplicando a axuda que viña recibindo anualmente para o exercicio 2020, así como a espectacular acollida que tivo o proxecto nas empresas locais, que coas súas aportacións económicas cobren o custo do transporte, e fan este servizo viable para este curso escolar.

Non obstante, os tempos cambiaron e a realidade xurídica e práctica debe adaptarse ós mesmos. En consecuencia, a ANPA do CRA María Zambrano, co apoio do Concello do Rosal e da dirección do CRA vai solicitar unha reunión coa Consellería de Educación co obxectivo de garantir a viabilidade do comedor nos vindeiros anos. Precisan a axuda, a implicación e o compromiso formal da Xunta, o organismo competente e con capacidade económica para dar resposta a esta realidade, que se vai repetir nos vindeiros anos. Trátase da Educación dos nosos cativos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones