Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A apertura do Camiño do Alivio en Tomiño máis próxima de ser unha realidade

Con 13 votos a favor e 4 abstencións. Tras a publicación do acordo no boletín oficial, o proxecto estará durante un mes a exposición pública

A iniciativa afecta a dúas parcelas que deben ser expropiadas para derribar unha das esquinas da rúa e camiñar cara o futuro proxecto de remodelación das rúas Camiño do Alivio e República Arxentina.

Fecha: 15 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Aprobado por maioría. O concello de Tomiño aprobou este mércores 13 en pleno o inicio do procedemento de expropiación necesario para a apertura da rúa Camiño do Alivio, unha iniciativa que servirá para reorganizar toda a contorna coa Praza do Seixo e que permitirá crear un núcleo urbano pensado para as persoas, con accesibilidade universal e con calidade urbana.

Con 13 votos a favor e 4 abstencións, todos os grupos do goberno municipal coinciden en que este proxecto "era unha necesidade para o municipio". A iniciativa afecta a dúas parcelas que deben ser expropiadas para derribar unha das esquinas da rúa e camiñar cara o futuro proxecto de remodelación das rúas Camiño do Alivio e República Arxentina.

Esta zona representa na actualidade un punto conflitivo dentro das rúas de Tomiño, tanto por ser un punto que dificulta a accesibilidade para a cidadanía como polo que se complica o tráfico rodado, con escasa visibilidade e limitando a mobilidade na contorna. O Plan Xeral de Ordenación Municipal xa contempla unha aliñación que lexitima o procedemento expropiatorio e que posibilitará que o entronque da rúa Camiño do Alivio e República Arxentina teña máis de 12 metros de largo, fronte aos escasos 5 metros que ten nestes intres.

Tras a publicación do acordo no boletín oficial, procederase á exposición pública do proxecto durante un mes. Neste prazo de tempo será no que os propietarios e propietarias das parcelas afectadas poderán presentar as alegacións, caso no que deberían resolverse e volver a levar a pleno para darlle a aprobación definitiva ao proxecto.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones