Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A área de Benestar Social apoia a máis de 420 familias, co fin de promover a integración social e a calidade educativa

A maioría das familias usuarias son beneficiarias do programa de educación familiar, pero tamén as hai, dos Servizos Sociais ou de actividades extraescolares, de estimulación; material escolar, comedor, etc.

A maioría das familias usuarias son beneficiarias do programa de educación familiar, pero tamén as hai, dos Servizos Sociais ou de actividades extraescolares, de estimulación; material escolar, comedor, etc.

Fecha: 04 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Un total de 259 familias con 312 menores a cargo, beneficiáronse do programa de Educación Familiar da área de Benestar Social do Concello de Tomiño, durante o ano 2017.

Outras 136 unidades familiares con menores a cargo foron usuarias dos Servizos Sociais Municipais e 30 percibiron algunha axuda económica de emerxencia.

No primeiro caso, o obxectivo foi promover a adquisición de competencia para o correcto desenvolvemento das funcións parentais e educativas, fomentando valores coma a igualdade de xénero ou a corresponsabilidade. En moitos casos, púxose ao alcance destas familias, atención psicolóxica, alternativas e itinerarios socio educativos para favorecer a súa integración social e previr situacións de vulnerabilidade ou risco de exclusión.

Pola súa banda, as familias usuarias dos Servizos Sociais Municipais, foron atendidas para información, orientación ou asesoramento coa finalidade de facilitarlles o acceso a distintos recursos; xestión de prestacións económicas coma a Tarxeta Benvida ou o Título de Familia Numerosa, ou outras destinadas a garantir a autonomía persoal ou a atención á dependencia e á discapacidade.

Finalmente, , arredor de 30 familias con menores a cargo, percibiron axudas de emerxencia municipal destinadas á cobertura de necesidades básicas (alimentos, roupa, etc.); equipamento mobiliario básico (lavadoras, radiadores, etc.); axudas vencelladas ao uso da vivenda (débedas pendentes de pago de enerxía eléctrica, auga, etc.), e para conseguir atención sanitaria non cuberta polo sistema público de saúde (adquisición de lentes, etc.).

A concelleira responsable da área, Cristina Martínez, explica que o primeiro é facer un diagnóstico social da comunidade, cun análise de necesidades e demandas, así coma un plan de intervención en caso de colectivos ou persoas socialmente vulnerables; detección precoz de situacións de risco ou desprotección, para logo poder desenvolver actuacións de carácter preventivo ou de promoción e integración social.

Paralelamente, a acción do Departamento de Benestar Social, organizou unha serie de accións gratuítas; conferencias, obradoiros, etc. dirixidas á poboación en xeral, relacionadas coa crianza, a educación en igualdade, actividades extraescolares, de estimulación; axudas para material escolar, comedor, campamentos e un longo etcétera, das que se beneficiou igualmente un importante número de persoas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí