Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A área de descanso e aparcamento dos -Muíños do Folón- contará cun punto de recarga de vehículos eléctricos

Trátase esta vez dunha axuda de 20.002,38 euros para dar servizo eléctrico a un punto de recarga de vehículos na área de descanso e aparcamento -Muiños do Folón-, dende o punto de entronque asignado pola compañía distribuidora.

Trátase esta vez dunha axuda de 20.002,38 euros para dar servizo eléctrico a un punto de recarga de vehículos na área de descanso e aparcamento -Muiños do Folón-, dende o punto de entronque asignado pola compañía distribuidora.

Fecha: 22 de Octubre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento destinado ao concello do Rosal ao abeiro do Plan Concellos. Trátase esta vez dunha axuda de 20.002,38 euros para dar servizo eléctrico a un punto de recarga de vehículos na área de descanso e aparcamento "Muiños do Folón", dende o punto de entronque asignado pola compañía distribuidora.

Ademais desta achega, o goberno provincial ao través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 363.873,57 euros na liña 1 destinados a financiar a mellora e reparación do auditorio municipal, a mellora peonil na EP3302, adquisición de material para a Feira do Viño do Rosal, subministro de bomba centrífuga para rego do campo de fútbol, novos espazos recreativos no parque de Pias, melloras no sendeiro peonil de Pescadores, adquisición de mobiliario para edificios municipais, equipamento informático biblioteca municipal e equipamento para a recollida selectiva de lixo.

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 53.377,33 € a O Rosal para financiar a Feira do Viño, a Mostra da Camelia, o campamento de verán, a Festa Popular do Pilar, Festa do Cabaqueiro, campamento de inglés, Festa do Mirabel e un gasto corrente novo. E tamén, outros 127.360,83 € foron destinados á financiación da contratación de 15 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018.

A Deputación destina este ano a O Rosal, ao través do Plan Concellos, un total de 969.267,6 euros, un 74,22% máis que o ano pasado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones