Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Asociación Forestal de Galicia trasládalle ós catro grupos do Parlamento a necesidade dun plan de recuperación das zonas afectadas pola vaga de lumes

O colectivo mantivo encontros nas últimas semanas con representantes do grupo popular, do socialista, de En Marea e do Bng

O colectivo mantivo encontros nas últimas semanas con representantes do grupo popular, do socialista, de En Marea e do Bng

Fecha: 23 de Abril de 2018

Fuente: Asoc. Forestal de Galicia

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) mantivo reunións de traballo cos catro grupos do Parlamento galego co obxectivo de trasladarlles as preocupacións das comunidades de montes socias, así como dos propietarios forestais particulares. A AFG espera que estes encontros sirvan para a posta en marcha de medidas como un plan de restauración das zonas afectadas pola vaga de lumes de outubro, que impactou de xeito especial na provincia de Pontevedra.

As catro reunións mantidas nas últimas semanas cos grupos parlamentarios (PP, En Marea, PSdeG e Bng) tiveron un ton cordial e serviron para que os deputados coñezan as principais preocupacións dos propietarios forestais e das comunidades de montes socias da Asociación Forestal de Galicia. A AFG pediulles a todos os grupos que no eido forestal se prioricen os intereses de país, á marxe de enfrontamentos partidistas.

Entre as principais cuestións que se abordaron nos encontros, figuran as seguintes:

- Plan de restauración das zonas afectadas polos incendios forestais. As comunidades de montes e os propietarios forestais particulares carecen dos recursos precisos para a restauración das zonas afectadas pola vaga de lumes do outono. Se non se pon en marcha un plan público que axude á rexeneración das zonas afectadas, existe un claro risco de abandono e de ‘selvatización' do territorio.

Na provincia de Pontevedra, a superficie afectada de socios da Asociación Forestal de Galicia foi de 5.000 hectáreas, distribuídas en 68 montes. O custo total da restauración estímase en 10,9 millóns de euros.

Outra das preocupacións derivadas dos lumes sitúase no retraso da saca da madeira queimada, sobre todos nos montes con convenio coa Administración autonómica.

- Desenvolvemento do Plan Forestal de Galicia, cun inventario actualizado das existencias do monte galego, fundamental para calquera planificación.

- Reformulación das axudas públicas ao monte. A Asociación Forestal é partidaria de que as axudas públicas se liguen ós instrumentos de xestión dos que se está dotando cada monte. Deste xeito, apoiaríase unha planificación forestal sistematizada, en lugar de financiar actuacións puntuais que poden non responder ás prioridades para cada monte.

- Mellora da fiscalidade forestal, de xeito que se incentive a silvicultura activa. Posta en marcha dun plan contable específico para o sector forestal.

- Impulso das agrupacións de propietarios forestais particulares, de cara a superar o minifundio, que dificulta unha xestión racional do monte. É preciso mellorar a fiscalidade e o modelo de xestión das Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), así como crear outra figura que permita ligar a pequenos propietarios con comunidades de montes.

- Compensacións de rendas cando existan restriccións de uso. A Asociación Forestal plantea, por exemplo, a necesidade de axudas para a creación de franxas de frondosas nas áreas de protección contra incendios forestais, en torno a núcleos de poboación.

- Aclaración do futuro dos montes en convenio coa Xunta. Os convenios que a Administración mantén con parte dos montes veciñais expiran no 2021, polo que é preciso clarificar canto antes un procedemento consensuado para que as comunidades de montes que queiran, poidan facerse cargo da xestión dos seus montes. Nos casos en que non sexa así, haberá que definir os contratos de xestión pública que sustituirán ós convenios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones