Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A asociación -SOS Tomiño-Baixo Miño- fai un balance moi positivo dos seus primeiros dez anos de vida

O colectivo asistencial, con máis de 100 persoas asociadas e numerosos voluntarios, celebrará unha comida solidaria o vindeiro día 24 en Tui

O colectivo asistencial, con máis de 100 persoas asociadas e numerosos voluntarios, celebrará unha comida solidaria o vindeiro día 24 en Tui

Fecha: 11 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A asociación asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño, cumpre o seu 10º aniversario. Para celebralo, organiza un xantar solidario co fin de "dar as gracias a todas as persoas voluntarias que colaboran coa entidade. "Esta comida anual está pensada coma un agradecemento a socios e colaboradores, que, coas súas achegas, axudan a manter viva a nosa labor", explica Jose Quinteiro, presidente da asociación.

Días atrás, a alcaldesa de Tomiño e a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, recibiron no Concello ao equipo directivo e a outros membros da asociación, para felicitarlles pola súa labor e dedicación ao longo dunha década.

Este ano é un ano especial porque o colectivo, que axuda na actualidade a un centenar de familias dos concellos de Tomiño, Tui e O Rosal, cumpre dez anos de actividade. "Dez anos de traballo, esforzo e ilusión, para axudar ás familias máis necesitadas da comarca", en palabras do directivo.

No 2017, SOS Tomiño-Baixo Miño, entregou máis de 137.000 quilos de alimentos, e no que vai de ano, levan repartidos máis de 64.000. Alimentos que proceden na súa maior parte, do Banco de Alimentos de Vigo e de fondos europeos (Fondo Español de Garantía Agraria). Case 140 persoas voluntarias recollen, clasifican, rexistran, almacenan e entregan os produtos, levando un estrito control de cada caso.

Anualmente, redáctase unha memoria que se envía a asociados, voluntarios, particulares, empresas, e administracións colaboradoras, así coma aos medios informativos. Tamén hai moitas agrupacións, clubs, colexios e concellos que promoven ou adaptan actividades para solidarizarse coa asociación asistencial; accións que o presidente de SOS Tomiño-Baixo Miño, agradeceu durante a recepción no Concello tomiñés.


A comida solidaria terá lugar o día domingo 24 de xuño ás 13.30 horas no Colexio dos Maristas de Tui, seguindo a costume de ir alternándoa e facela cada ano nun concello diferentes.
Poranse á venda 200 convites a un prezo de 20 euros para os adultos e 10 para os menores. Dende a asociación advirten que as persoas que non poidan asistir ao xantar, terán a posibilidade de mercar uns tíckets solidarios por valor de 5 euros.

Un pouco de historia
A orixe da Asociación SOS Tomiño-Baixo Miño remóntase ao ano 2008, en Tomiño, cando un grupo de xente, con José Luis García Mengual coma socio fundador (na actualidade continúa coma presidente de honra) comeza a recollida e entrega de alimentos a familias necesitadas; pago de recibos de servizos básicos, coma a auga, a electricidade, gas, gastos sanitarios, de vivenda, etc. Na aquela posta en marcha, foron persoas relevantes tamén, o párroco de Figueiró, José Luis Portela Trigo e o concelleiro de Benestar Social, Pablo Baquero.

En marzo de 2012, é elixido presidente Jose Quintero; apróbanse novos estatutos e expándese a actividade ao concello de Tui, pasándose a chamar SOS Tomiño-Baixo Miño. A partir dese momento, a asociación modernízase, comezan a chegar máis voluntarios, recursos e axudas; conséguese un novo local, con máis superficie e incorpóranse cámaras de frío, sistema de palletes, andeis industriais, etc. Sendo o ben máis prezado o furgón, cofinanciado pola Deputación, para recollida e entrega dos alimentos.

Na actualidade, a entidade dispón de equipos informáticos e bases de datos cos beneficiarios, "co fin de evitar duplicidades de datos e conseguir un reparto máis equitativo, xusto e eficiente dos alimentos ou servizos".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí