Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ASOCIACIÓN VECIÑAL -FONTE DOS CARREIROS- INSTA AO PLENO QUE ESIXA Á XUNTA UNHA ROTONDA EN FIGUEIRÓ PARA EVITAR OS NUMEROSOS ACCIDENTES QUE SE PRODUCEN NO LUGAR

O Goberno Local incluirá a petición na sesión plenaria de carácter ordinario do vindeiro xoves 28 de abril

Accidente rexistrado en Agosto de 2015 no cruce de acceso á Parroquia de Figueiró dende a PO-552

Fecha: 27 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A Asociación de Veciños, consumidores e usuarios "Fonte dos Carreiros", de Figueiró, presentou por rexistro no Concello de Tomiño, unha instancia, na que aportaba unha serie de sinaturas recollidas entre veciños da parroquia, solicitando que se iniciaran os trámites ante a Xunta de Galicia para facer posible a construción dunha rotonda de ordenación e regulación do tráfico, na intersección da estrada PO-552 coa estrada de acceso a Figueiró.

Os veciños aportan ademais un informe da policía local, onde se relacionan os accidentes de tráfico rexistrados no lugar e no que consta un total de 37 sinistros nos últimos cinco anos , 17 deles con feridos ou vítimas mortais.

O Goberno Local decidiu, dada a importancia dos feitos e co fin de garantir a seguridade dos usuarios e condutores, incluír a solicitude veciñal coma moción, no pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves, 28 de abril ás 20.00 hs.

Entre os veciños asinantes da solicitude figuran os presidentes do Centro Recreativo e Cultural de Figueiró, Directiva das Festas de San Campio, Comunidade de Montes de Figueiró, Comunidade de Augas de Figueiró, Asociación Veciñal "Serra Argallo" de Figueiró e Club de Tiro Fronteriñas.

Por outra banda, o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, manifestou a súa discrepancia coa decisión da Xunta de cambiar o técnico da concentración parcelaria que hai varios meses estaba traballando nas parroquias de Estás, Goián e Figueiró, establecendo contacto co Concello e cos propietarios de fincas. A día de hoxe non hai designado novo técnico, co cal o traballo levado a cabo durante seis meses, podería quedar sen efecto, co prexuízo que iso significaría para o municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones