Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Asociación Vontade co seu programa de atención temperá, prestou servizo a máis de 39 nenos e nenas da comarca do Baixo Miño

O recurso existente no Baixo Miño ofertado dende a Mancomunidade está destinado a menores de 6 anos de idade.

O recurso existente no Baixo Miño ofertado dende a Mancomunidade está destinado a menores de 6 anos de idade.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Diciembre de 2022

Fuente: Asoc. Vontade

Este programa foi posible grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia coa concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e xestionado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

 

O recurso existente no Baixo Miño ofertado dende a Mancomunidade está destinado a menores de 6 anos de idade. Este conta con profesionais das áreas de Psicoloxía, Logopedia e Fisioterapia. Vontade, apoia e complementa este recurso de Atención Temperá ofertando o servizo de Terapia Ocupacional, do  que se beneficiaron 39 nenas e nenos. Coa finalidade de proporcionar a mellor atención, prestáronse servizos especializados e de prevención tanto a familias como á infancia con dificultades do desenvolvemento ou con risco de padecelas.

O obxectivo principal foi lograr a máxima autonomía posible na realización das distintas actividades da vida diaria, traballouse, sempre que foi posible, a través do xogo, facendo fincapé no correcto desenvolvemento da motricidade fina, mellora da grafomotricidade, aumento da autonomía, favorecendo as funcións executivas e o traballo das habilidades psicosociais, empregandoo en función das súas necesidades.

Para poder levar a cabo este servizo contou coa financiación de 20.000€ da Xunta de Galicia procedentes da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.

Grazas ás persoas que marcaron a X Solidaria na declaración da renda, no recadro “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, conséguese que proxectos como o de Vontade poidan seguir desenvolvéndose e asegurar desta maneira  a consecución dos obxectivos de vida.

Vontade é unha a asociación sen ánimo de lucro que nace en 2003 ante as necesidades comúns de servizos especializados demandados por persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño. Dende a entidade se traballa para defender os dereitos deste colectivo ofrecendo os recursos precisos para fomentar a autonomía e autorrealización persoal e a inclusión social. Dende o noso centro de recursos para persoas con discapacidade situado en Tomiño, ofrecemos distintos servizos (Centro diúrno-terapéutico, atención á infancia, información e asesoramento, terapias individualizadas, etc.) dende as seguintes áreas profesionais: Educación Social, Fisioterapia, Logopedia, Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Traballo Social.

A Asociación de persoas con Discapacidade Vontade atópase situada no barrio A Rocha 19B en Tomiño, 36740. Pódese contactar connosco no número de teléfono 986.62.30.44 ou no enderezo electrónico info@vontade.org. Tamén se pode ter acceso a máis información na nosa páxina web www.vontade.org ou no noso perfil de Facebook @Asociación.Vontade

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí