Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A aula CeMIT de Tomiño incrementa o número de usuarios

No 2017 máis de cen persoas participaron nos cursos e actividades de alfabetización dixital e emprendemento realizadas no centro

No 2017 máis de cen persoas participaron nos cursos e actividades de alfabetización dixital e emprendemento realizadas no centro

Fecha: 10 de Enero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A aula CeMIT do concello de Tomiño pechou o ano cun excelente balance de datos: durante o 2017 déronse de alta neste centro 67 novos usuarios e usuarias, cifra que eleva ata 1.047 o número de persoas rexistradas dende a apertura da aula no ano 2011.

Dende os seus inicios, a aula CeMIT acolleu máis de 200 actividades formativas entre cursos, charlas e outras actividades, 23 delas durante todo este ano, o que supoñen máis de 370 horas de formación aproveitadas por preto de 100 persoas durante todo o 2017. Para o responsable do Promoción Económica municipal, Antonio Tartaglione, "dende o Concello de Tomiño, xunto coa administración autonómica, seguimos a apostar pola aula CeMIT. Despois dos resultados do ano 2017, queremos seguir formando aos tomiñeses e tomiñesas no uso e familiarización das novas tecnoloxías".

Por este motivo, a aula xa ten planificada a súa oferta formativa para o vindeiro ano, que nesta ocasión incluirá desde diversos cursos de capacitación dixital básica, como o de ‘Iniciación a informática e internet' ou ‘Manexo de móbiles', ata algúns máis avanzados como poden ser o de ‘Uso da administración electrónica', ‘Procura de emprego a través de internet' ou ‘Retoque fotográfico', entre outros.

Durante o 2018 a aula tamén acollerá o exame para a certificación de competencias dixitais en ofimática. Ao longo de todo o ano a aula CeMIT de Tomiño abrirá as súas portas de luns a venres de 09.15 a 14.15 horas, con apertura polas tardes os martes e xoves (de 19.00 a 20.30 horas). Aqueles veciños e veciñas interesados en recibir información poden pasar pola aula, situada no Campo da Feira, chamar ao 986623304 ou enviar un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal.

Desde o Concello de Tomiño, xumto coa administración autonómica seguimos a apostar Pola Aula Cemit. Despois dos resultados do ano 2017, queremos seguir formando os Tomiñeses no uso e familiarizacion das novas tecnoloxias

Instalacións
A aula CeMIT dispón dun espazo principal con 11 ordenadores, impresora multifunción, 10 cámaras web, canón, cámara dixital, 10 auriculares con micrófono... aos que os usuarios e usuarias poden acceder de forma libre e gratuíta. Ademais, contan co apoio e asesoramento dun axente especializado que os guía e axuda no funcionamento da aula e das instalacións.


A Rede CeMIT (Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia para impulsar as TIC e a Sociedade da Información na comunidade galega. A rede caracterízase por impartir actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento e conta coa colaboración de 92 concellos, entre eles o de Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí