Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A AULA CEMIT DE TOMIÑO PECHA O ANO 2014 CON MÁIS DE CEN NOVOS USUARIOS/AS

No último trimestre impartíronse nove obradoiros aos que acudiron máis de 70 persoas

No último trimestre impartíronse nove obradoiros aos que acudiron máis de 70 persoas

Fecha: 15 de Enero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com / Infom

O balance dos datos do último trimestre da aula CeMIT de Tomiño arroxa un total de novos usuarios e usuarias de 46 persoas (25 homes e 21 mulleres).
A media de idade destes 46 novos usuarios/as é de 41 anos. En efecto, máis dun 45% corresponde ao tramo de 41 a 65 anos, seguido do de 26 a 40 (37%); 15 a 25 (7%), máis de 65 (7%) e menos de 15 (4%).
No referido ao nivel de manexo das ferramentas dixitais, obsérvase un 39% de persoas co que se define como coñecementos nivel usuario, un 28% con coñecementos básicos; un 26% sen coñecementos e só un 7%, con coñecementos de nivel técnico ou especializado.
Asímismo, constatouse que a maioría dos usuarios chegaron á aula a través da información xerada polo Concello.
Asemade, son setenta as persoas que participaron nos 9 obradoiros organizados polo servizo, cun total de máis de 200 horas impartidas polo axente Daniel Ozores, ao fronte da aula dende a súa apertura.
No que respecta ao ano 2014, rexistráronse 107 novos usuarios/as (54 homes e 53 mulleres), e 148 participantes en 19 talleres impartidos, cun total de 368 horas, e 3 charlas sobre temas de interese.
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) é unha iniciativa da Xunta e Concellos, que busca impulsar as TIC e a Sociedade da Información na comunidade galega.
Son obxectivos estratéxicos vertebrar Galicia territorial e socialmente, en especial, onde a brecha dixital se fai máis evidente, en tres colectivos principais: cidadanía en xeral, profesionais TIC e empregados públicos.
Con estes fins, en 2011 abriuse a aula CeMIT de Tomiño, na que se imparte formación presencial e on-line.
A aula está aberta tamén para que os usuarios, dentro dun horario establecido, poidan acceder libre e gratuitamente á utilización dos equipos, co apoio e asesoramento dun axente especializado, que no caso de Tomiño é Daniel Ozores, natural de Goián.
Segundo datos achegados polo axente, desde que se creou a aula CeMIT en Tomiño, rexistráronse 786 usuarios (352 homes e 434 mulleres), impartíndose até o día de hoxe 125 talleres, con máis dun milleiro de participantes, e máis de 1200 horas de formación; 8 xornadas e unha valoración media dos asistentes de 9,57 sobre 10.
INFRAESTRUTURAS
A nivel de infraestruturas, a Aula CeMIT dispón dun espazo principal situado no Campo dá Feira, con 11 computadores, impresora multifunción, 10 cámaras web, canón, cámara dixital, 10 auriculares con micrófono, etc. O horario de apertura desta aula principal é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
O Concello de Tomiño pon a disposición dos veciños 6 computadores portátiles, cos cales o axente TIC pódese desprazar as diferentes parroquias do municipio organizando cursos e charlas, como as impartidas nas parroquias de Pinzás, Vilameán, etc.
Entre as actividades formativas levadas a cabo nos últimos meses figuran talleres eminentemente prácticos e de curta duración sobre diferentes ferramentas e programas informáticos. Entre estes talleres sobresae o de "Faite Dixital", con diferentes entregas (programación para dispositivos móbiles, redes sociais, configuración de dispositivos e uso de aplicacións móbiles, ferramentas Web 2.0; identidade dixital, administración electrónica, etc.).
Tamén resulta fundamental o de Iniciación á informática e Internet, para persoas sen formación previa, que ao terminar o taller, deben ser capaces de manexar con certa soltura arquivos, cartafol e ferramentas informáticas; copiar un documento nunha unidade extraíble (memoria USB, disco duro), crear, editar e/ou imprimir un documento cun editor de textos, etc.
Preténdese que o usuario saiba identificar os servizos electrónicos que ofrece Internet, localizar páxinas de interese sobre temáticas concretas, empregando motores de procura, comunicarse con outras persoas, etc.
Ademais, na aula tomiñesa levaron a cabo outras actividades, como a realización da proba presencial para a obtención do CODIX (certificación galega de competencias dixitais), logrando aprobarlala maior parte dos asistentes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí