Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AVPC DE TOMIÑO DEU CONTA DOS MÁIS DE 400 OPERATIVOS DE EMERXENCIAS QUE ATENDERON NO ANO 2015

O Corpo de Protección Civil conta con equipamento especializado para atender emerxencias na estrada, incendios ou temporais.

O 80% das saídas déberonse a accidentes na estrada.

Fecha: 15 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño, celebrou unha asamblea xeral o pasado sábado na que deron conta dos máis de 400 operativos que atenderon no que vai de ano.

O Corpo de Protección Civil de Tomiño está formado por 25 voluntarios e voluntarias que de xeito desinteresado atenden emerxencias de todo tipo e adícan esforzos a formarse na Academia de Seguridade de A Estrada.

No que vai de ano, o 80% das saídas concentráronse en operativos de accidentes de estrada, séguenlle os referidos a incendios, temporais ou accidentes domésticos como captura de animais perigosos para a cidadanía (vespa asiática, serpes, ....).

Protección Civil de Tomiño conta coas últimas novidades tecnolóxicas para a atención de emerxencias como un coche bomba Mercedes Bull usada para a extinción de incendios e salvamento; traxes especiais para incendios urbanos e forestais e emisoras de última xeneración; unha furgoneta Ford Transit 110 T 330, de 9 prazas para dispositivos, rescates de persoas, sempre coordinados coas forzas de seguridade de Tomiño, ou desprazamentos dos voluntarios a cursos de formación e outras actividades; unha zodiac e o can "Tor", adestrado para a busca de persoas desaparecidas. Neste ano 2015 o parque móbil ampliouse cunha Volkswagen Amarok.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil leva máis de 20 anos prestando un servizo altruista ao municipio que cada día vese consolidado polo seu carácter profesional derivado da formación e dos medios que ano a ano se incrementan para unha maior efectividade.

O Concelleiro de Seguridade, Manuel Álvarez, agradece o esforzo de todos os membros de Protección Civil, "voluntarios e voluntarias que realizan unha tarefa de gran valor, de maneira totalmente desinteresada."

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones