Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AXENCIA DE TURISMO COLABORARÁ CO CONCELLO DE O ROSAL PARA A SINALIZACIÓN DA ROTA DOS MUIÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

Instalaranse sinais informativas na rota destruída por un incendio

Na comarca do Baixo Miño beneficiarase tamén desta liña de subvencións o concello de Oia, sumando así, xunto a O Rosal, un total de 12.450 euros de investimento, incluíndo o IVE

Fecha: 21 de Agosto de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de O Rosal para coñecer, en compaña do alcalde da localidade, Jesús María Fernández, o proxecto de sinalización do patrimonio arqueolóxico deste municipio.

Estes traballos executaranse a través das subvencións que acaba de aprobar a Axencia de Turismo de Galicia, o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural nos concellos galegos.

No caso do concello de O Rosal, o orzamento global destes traballos suporá máis de 4.700 euros (IVE incluído), dos cales case 2.400 serán aportados a través destas axudas.

O proxecto municipal supón a instalación dunha nova sinalización na rota dos Muíños do Folón e do Picón, xa que parte dos antigos paneis informativos foron destruídos por un incendio en 2013. Os traballos están orientados a sinalar un total de 20 puntos intermedios da ruta no medio da natureza, que permitirán evitar a perda da homologación da Federación Galega de Montañismo.

Na comarca do Baixo Miño tamén se beneficiará o concello de Oia, facendo así un total, xunto a O Rosal, de 12.450 euros de investimento (incluíndo o IVE), dos cales, case 6.300 serán achegados a través desta liña de axudas. En concreto, en Oia levarase a cabo un proxecto de acondicionamento do acceso á ponte colgante de Acevedo, procedendo á súa pavimentación e á colocación de balizas solares luminosas e papeleiras por un total de 7.750 euros aproximadamente (incluíndo o IVE), dos cales, case 4.000 corresponderán ás axudas procedentes da administración autonómica.

Cores Tourís recordou que o obxecto destas axudas é o fomento da accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos no medio rural. "Deste xeito", explicou o delegado territorial, "son obxecto destas axudas os accesos e sinalizacións a praias marítimas e fluviais, aos bens de interese cultural, así como aos espazos naturais como miradoiros e rotas de sendeirismo, sempre que non se atopen en Rede Natura ou vaian a ser financiados a través das obras do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones