Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA DISPORÁ DE 26 TÉCNICOS PARA A CAMPAÑA ESPECIAL DE ASISTENCIA AOS PENSIONISTAS RETORNADOS

A conselleira de Facenda explicou que en marzo comezará a campaña de axuda para facilitar o proceso de regularización a este colectivo, e durará catro meses

A asistencia aos contribuíntes realizarase nas oficinas da AEAT, a través de plataformas conxuntas nas que participará tamén persoal da Xunta | Foto: Conchi Paz

Fecha: 27 de Enero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

 

A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) disporá de 26 técnicos durante a campaña especial de asistencia para pensionistas retornados, co obxectivo de prestar a axuda necesaria no proceso extraordinario de regularización. A Xunta participará coa Axencia Tributaria do Estado (AEAT) nesta campaña, que comezará en marzo e prolongarase durante catro meses.

 

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, anunciou hoxe que a Axencia Tributaria do Estado habilitará en febreiro un sistema de cita previa. Os contribuíntes poderán solicitar unha cita por teléfono ou por internet, e o día que se lles asigne poderán realizar e presentar as declaracións tributarias que lle correspondan coa axuda de persoal especializado.

A campaña especial de asistencia a pensionistas retornados realizarase nas oficinas da AEAT, a través de plataformas conxuntas nas que participará persoal da Xunta de Galicia e da Administración do Estado. Así o establece o protocolo de colaboración asinado hoxe entre a titular de Facenda e a delegada da AEAT en Galicia, Imelda Capote.

Unha vez solicitada a cita, os contribuíntes levarán a súa documentación para realizar o trámite de regularización. Esta colaboración entre as dúas administracións é similar á que veñen realizando dende hai anos na campaña da renda. En total, a ATRIGA e a AEAT disporán de 40 técnicos para axudar a este colectivo, dos que 26 son da Xunta.

Devolucións
Ao remate da reunión do Consello Territorial de Dirección para a Xestión Tributaria, a conselleira de Facenda recordou tamén que dende o pasado 1 de xaneiro os pensionistas retornados xa poden solicitar a devolución das sancións, os recargos e os xuros de demora.

Este trámite poden facelo por internet ou, presencialmente, nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia e nas da Axencia Tributaria do Estado. A ATRIGA tamén dispón dun número de teléfono (881.99.52.84) para informar sobre o proceso de devolución. A Xunta conta ademais con persoal especializado en todas as delegacións da Axencia Tributaria de Galicia para axudar aos pensionistas retornados neste procedemento.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones