Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA ESTÁ A FACILITAR INFORMACIÓN E ASISTENCIA AOS PENSIONISTAS RETORNADOS PARA SOLICITAR A DEVOLUCIÓN DAS SANCIÓNS, RECARGOS E XUROS DE DEMORA

O organismo tributario galego dispón de persoal especializado para atender este colectivo en todas as súas delegacións e nos servizos centrais

Desde o 1 de xaneiro, pódese presentar a solicitude nas oficinas da Agencia Tributaria del Estado (AEAT) ou da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Fecha: 17 de Enero de 2015

Fuente: www.xunta.es

A Axencia Tributaria de Galicia conta con persoal especializado que está a facilitar información e asistencia aos pensionistas retornados para cumprimentar as solicitudes de condonación e a devolución das sancións, os recargos e os xuros de demora que foron pagados por este colectivo.

En concreto, o organismo tributario da Xunta dispón dunha persoa en cada delegación e nos servizos centrais para axudar os pensionistas retornados neste procedemento. A Consellería de Facenda lembra que este colectivo pode presentar o formulario de devolución desde o pasado 1 de xaneiro.

Así, os pensionistas retornados poden presentar a súa solicitude nas dependencias da Agencia Tributaria del Estado (AEAT) ou nas delegacións da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA). Este formulario tamén se pode presentar a través das páxinas web da AEAT (www.aeat.es) e da ATRIGA (www.atriga.es).

Os pensionistas retornados poden deste xeito cumprimentar o formulario de solicitude consignando os datos persoais, os anos correspondentes á débeda que orixinou as sancións, os recargos e xuros de demora e o número de conta bancaria para efectuar a devolución das cantidades abonadas.

A Xunta de Galicia ten ofrecido colaboración á AEAT para axudar os pensionistas retornados neste procedemento. Ademais, aínda que se trata dun formulario sinxelo, a Axencia Tributaria de Galicia ten habilitado tamén un teléfono de información (881.995.284) para facilitar información sobre o proceso de devolución de sancións, recargos e xuros de demora a este colectivo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones