Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A BAIXADA FISCAL PERMITIRÁ AOS GALEGOS PAGAR MENOS NO IRPF E NO IMPOSTO DE SUCESIÓNS

A rebaixa no IRPF súmase á de fai dous anos e beneficiará ao 98,5% dos contribuíntes, o que suporá un aforro de ata 380 euros para os declarantes

A rebaixa no IRPF súmase á de fai dous anos e beneficiará ao 98,5% dos contribuíntes, o que suporá un aforro de ata 380 euros para os declarantes

Fecha: 11 de Noviembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, resaltou hoxe que Galicia situarase entre as comunidades autónomas coa tributación máis baixa no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e no Imposto sobre Sucesións, grazas á rebaixa fiscal impulsada pola Xunta para o ano 2016.

Valeriano Martínez presentou hoxe no Parlamento o proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas para o ano 2016, unha norma que complementa o proxecto de Lei de Orzamentos, que actualmente xa se atopa en tramitación parlamentaria.

Esta lei inclúe un conxunto de medidas fiscais que suporán un aforro para as familias e empresas galegas de arredor de 140 millóns de euros ao ano. Será "a maior rebaixa fiscal da historia da autonomía, co obxectivo de aumentar a renda dispoñible dos cidadáns e incentivar o consumo", sinalou o conselleiro na súa intervención.

A Xunta fixará no IRPF unha nova escala aplicable ao tramo autonómico para mellorar a súa progresividade, ao pasar de cinco a sete tramos. Deste xeito, acadarase un sistema tributario máis equitativo, ao supoñer unha rebaixa maior para as rendas medias e baixas. "Con esta rebaixa completamos a levada a cabo por este Goberno fai dous anos, en vigor dende 2014, adiantándonos á reforma aprobada polo Estado", destacou o titular de Facenda.

En concreto, a nova rebaixa beneficiará ao 98,5% dos contribuíntes galegos e permitirá un aforro de ata 380 euros ao ano para as rendas baixas e medias, o que situará a Galicia como unha das comunidades coa tributación máis baixa para estas rendas.

No Imposto de Sucesións, a Xunta incrementará o mínimo exento aos 400.000 euros para todas as adquisicións por descendentes, cónxuxes, ascendentes e adoptantes. Con esta medida eliminarase no 99% dos casos a tributación das herdanzas de pais a fillos, co obxectivo de manter íntegro o patrimonio familiar e a capacidade económica da familia, que pasa a perder, en moitas ocasións, a renda que achegaba a persoa falecida.

Ademais, a norma tamén aclara que a redución por vivenda habitual do causante do Imposto sobre Sucesións aplicarase aínda que a persoa non resida na mesma cando, por circunstancias fiscais ou psíquicas, se traslade para recibir coidados a un centro especializado ou a vivir cos seus familiares. Cúmprese así unha proposición non de lei aprobada de forma unánime polo Parlamento galego o pasado mes de marzo.

Menos impostos no rural
O conselleiro de Facenda tamén explicou que o Goberno galego completará en 2016 o programa de ‘impostos cero' no ámbito rural, con novas medidas que complementan ás xa aprobadas nos últimos anos. "Pretendemos que o imposto non sexa un impedimento para mobilizar terras con vocación agraria que están abandonadas", explicou.

Así, establecerase unha dedución do 100% na cota de transmisións de solo rústico, o que suporá a desaparición do gravame nestas operacións; elevaranse ao 100% as reducións que prevé a Lei de Modernización das Explotacións Agrarias, o que supón que o beneficio fiscal sexa completo para as operacións que buscan favorecer as transmisións de explotacións agrarias e o aumento do seu tamaño; e fixarase unha dedución do 100% da cota do gravame sobre Actos Xurídicos Documentados nas agrupacións de predios rústicos.

Ademais do ámbito fiscal, a Lei inclúe unha serie de medidas administrativas que teñen como finalidade mellorar a xestión do día a día da Administración, favorecer a simplificación e a racionalización, incrementar a eficiencia e afondar na seguridade xurídica.

Entre estas medidas, o conselleiro de Facenda referiuse á declaración das obras incluídas no Plan Galego de Abastecemento e no Plan Galego de Saneamento como de interese da Comunidade Autónoma; ao fomento das fusións de concellos coa creación dun fondo especial; á obrigatoriedade de revisión das facturacións realizadas dende a instalación dos novos contadores intelixentes; ou á obrigatoriedade do rexistro das empresas de turismo activo para garantir a seguridade das súas actividades, beneficiando a empresas e usuarios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones