Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CARAVANA FEMINISTA PASOU POLO CONCELLO DE TOMIÑO

Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres fixeron a última parada na Galiza despois de viaxar durante 8 meses por diferentes países da Europa

Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres fixeron a última parada na Galiza despois de viaxar durante 8 meses por diferentes países da Europa

Fecha: 14 de Octubre de 2015

Fuente: Henar Alonso

No luns 12 de outubro unha caravana cargada de experiencias e debates feministas chegou a Tomiño para encher de actividade social, artística e musical o seu recentemente renovado Mercado Municipal. Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres fixeron a última parada na Galiza despois de viaxar durante 8 meses por diferentes países da Europa e pasar tamén por Ferrol, Betanzos, Compostela, Ourense e Vigo. A ruta iniciouse o 8 de marzo na fronteira entre a Síria e o Kurdistán (Turquía) e rematará o próximo 17 de outubro en Lisboa, Portugal.

O obxectivo principal da caravana, parte da 4ª Acción Internacional desta plataforma feminista internacional, é visibilizar as dificuldades sociais, económicas e políticas nas que viven as mulleres en diferentes puntos da Europa ao mesmo tempo que compartir resistencias e estratexias colectivas a través da creación de novas alianzas locais e internacionais.

Durante toda a mañá a viciñanza de Tomiño puido desfrutar da música de xxx de (localidade da que son/viven), da mostra de proxectos de artesanía, cosmética natural e economía social e feminista, da performance do colectivo feminista de Vigo "Ghatas Salvaxes", dun xantar vexetariano e da exposición de fotografías e cartaces que puxeron imaxes aos relatos que nos contaron Carolina de Portugal, Trude de Alemaña e Lucía da Galiza participantes na caravana feminista.

Esta xornada que promete ser a primeira de moitas mais dada a resposta da xente e a idoneidade do mercado como lugar de actividade e encontro, foi posibel grazas a participación de mulleres e homes locais afíns ao feminismo, da colaboración e apoio do Concello e xestión do Mercado Municipal, e particularmente do proxecto de vida colectiva feminista "A Casinha da Felicidade" que propuxo e liderou a organización desta iniciativa.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones