Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A cidadanía de Cerveira e Tomiño elixe actividades co-múns para nenos e nenas como gañadoras do OPT 2019

A realización de dous programas infantís que promoven unha maior aproximación entre os nenos e nenas dos dous concellos veciños foron as propostas elixidas na edición 2019 do Orzamento Participativo Transfronteirizo

A realización de dous programas infantís que promoven unha maior aproximación entre os nenos e nenas dos dous concellos veciños foron as propostas elixidas na edición 2019 do Orzamento Participativo Transfronteirizo

Fecha: 19 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A realización de dous programas infantís que promoven unha maior aproximación entre os nenos e nenas dos dous concellos veciños foron as propostas elixidas na edición 2019 do Orzamento Participativo Transfronteirizo

Os proxectos ‘Actividades artísticas e ambientais para a poboación infantil' e ‘Actividades lúdico-educativas para unhas vacacións activas e creativas' recadaron a maioría dos 800 votos contabilizados

A terceira edición do OPT quedou marcada por conseguir unha maior mobilización de entidades parceiras

Tras preto de 20 reunións para explorar eventuais alianzas ou a posibilidade de desenvolver pro-xectos conxuntos, a dinámica entre as asociacións galegas e portuguesas volveuse intensa a través dun intercambio de coñecementos e dun reparto de intereses e obxectivos que rematou coa pre-sentación de seis propostas por 18 entidades de ambos os dous lados da fronteira.

Rematado o período de votación, xa se coñecen os dous proxectos vencedores do OPT 2019 que executaranse o vindeiro ano e que teñen como denominador común o intercambio de nenos e nenas en accións lúdico-pedagóxicas e que están promovidos polas mesmas entidades: a Asocia-ción de Pais do Centro Escolar da Vila, a Asociación de Pais do Centro Escolar do Norte e a Mesa de Anpas dos Centros Educativos de Tomiño.

Unha das propostas vencedoras foi ‘Actividades artísticas e ambientais para a poboación infantil de Vila Nova de Cerveira e Tomiño', unha iniciativa dirixida a un máximo de 300 nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos coa que se busca fomentar a educación en valores e a sensibilización na ecoloxía mediante a vivencia e o contacto co medio rural, visitas guiadas a unha granxa escola, actividades creativas con materiais de refugallo...

A segunda proposta elixida por ambas as dúas poboacións veciñas titúlase ‘Actividades lúdico-educativas para unhas vacacións activas e creativas', a executar entre xullo e agosto do próximo ano e na que participarán ata 100 nenos. Un dos obxectivos deste proxecto consiste en ofertar alternativas de conciliación profesional para familias e de atención a nenos e nenas ao terminar o período escolar, a través de iniciativas de lecer ao aire libre nas vacacións de verán.

A pesar de non acabar sendo elixidas, as restantes catro propostas (‘Pensar o Corpo. Mover a Mente'; ‘Sostibilidade'; ‘Pontes de Arte' e ‘AMIZ'ARTE Sen Fronteiras') son reveladoras das ganas das diversas entidades participantes e das sinerxías que poden vir a ser constituídas no futuro en prol da potenciación deste territorio común.

En total rexistráronse arredor de 800 votos, un número de participación que non pode ser medido de forma transversal entre as distintas edicións, xa que cada ano a metodoloxía de implicación da poboación é distinta. No OPT 2019 foron eliminadas as tres áreas temáticas, permitindo un maior envolvemento e diálogo entre as asociacións e entidades, para despois poñer un límite de dous votos obrigatorios por persoa. Tras a divulgación de resultados, o Comité de Xestión Estratéxica Cerveira-Tomiño vai reunir información e proceder á avaliación de todo o proceso de cara a preparar xa a cuarta edición.

Dotado con 20.000 euros, o OPT é unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portu-gal e unha das prioridades da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño, implicando á veciñanza de Cerveira e Tomiño na procura de solucións conxuntas para necesidades comúns. É un proxecto cofinanciado ao 75% polo pro-grama INTERREG VA POCTEP a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones