Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CIG convoca un total de 16 mobilizacións este 1º de Maio

Na Guarda ás 12h na Praza Avelino Vicente (As de Copas).

Na Guarda ás 12h na Praza Avelino Vicente (As de Copas).

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Mayo de 2021

Fuente: CIG

A CIG conmemora este ano o Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, cun total
de 16 manifestacións e concentracións -a central en Vigo-, en todas as cidades e en múltiples vilas
da xeografía de galega baixo o lema “Por unha saída galega xusta da crise”. Un lema que, segundo
explica o secretario xeral, Paulo Carril, resume as principais demandas da central sindical para
enfrontar a crise económica que viñamos padecendo, agudizada agora pola pandemia.
Nese sentido Carril considera que é imprescindíbel derrogar as reformas laboral, da negociación
colectiva, das pensións, das prestacións por desemprego ou todas aquelas que supuxeron o
desmantelamento dos servizos públicos que, “seguen en vigor e están sendo utilizadas para
enfrontar a crise neste intre”. Reformas que, denunciou, están tendo “graves consecuencias para a
clase traballadora galega”.
Mais tamén adverte de que se pretenda facer fronte a esta situación acudindo aos fondos europeos
“a través dunha nova e dura secuencia de reformas como as que xa se anuncian, cun novo ataque ao
sistema público de pensións” ou que a débeda pública xerada “torne en recortes dos servizos
públicos, sen ter desmanteladas as políticas que levaron a unha privatización importante dos
mesmos”.
Por iso considera imprescindible levar adiante un auténtico plan de recuperación económica, social
e industrial que xere emprego e dignifique as condicións laborais e de vida das galegas e galegos”.
Políticas que augurou que terán que ser reclamadas na rúa este Primeiro de Maio e polas que haberá
que intensificar a mobilización en diante.
Goberno PSOE-Unidas Podemos
O secretario xeral da CIG denuncia ademais que o goberno de coalición do PSOE e Unidas
Podemos “siga actuando ao ditado destas políticas neoliberais nacidas da crise de 2008”, mais
“disfrazadas cunha enorme propaganda” e presentadas a través da “lacra do diálogo social”.
Políticas que están favorecendo a conta de resultados das empresas e as elites económicas que “ven
na saída da crise unha avantaxe”, precisamente pola vixencia das reformas.
A este respecto subliña que neste intre o 1% da poboación mundial concentra o 47% da riqueza
mundial. Manifestou o seu rexeitamento a que se aproveite a pandemia para acelerar procesos na
economía produtiva, como a descarbonización ou a dixitalización, que “están a ter un grave
impacto” e que supoñen “unha ameaza” para o conxunto da clase traballadora.
Procesos que está a acelerar a pandemia e para os que se están facendo achegas de recursos públicos
millonarias. Unha situación que leva a “un incerto e ameazador futuro cun aumento do desemprego,
caída dos salarios, precariedade e pobreza laboral e unha realidade cada vez máis negra para a
mocidade”.
ERTE á carta
Respecto do desemprego, Paulo Carril engade aos despedimentos acumulados desde o 14 de marzo
do ano pasado, ao inicio do confinamento, os novos que se están precipitando facilitados,
precisamente, polo mantemento das reformas. Lembrou que a CIG xa advertira das consecuencias
dos “ERTEs á carta” e rexeitou o abandono dunha parte da clase traballadora, “precisamente a máis
desprotexida”, que tiña contratos temporais.
A isto sumou que tamén quedaron desprotexidos importantes sectores da poboación,
“aparentemente protexidos polos ERTE”, aos que as empresas non lles completaron os salarios.
Unha situación que, segundo denunciou, deu nunha caída de rendas enorme e máis sectores
empobrecidos da clase traballadora, castigados ademais coa tributación que terán que pagar da
declaración da renda, porque “son os que máis van ter que pagar tendo menos”.
Políticas suicidas do Goberno Feixó
O secretario xeral da CIG responsabiliza o Goberno de Feixó de “contribuír de forma decidida ao
proceso de destrución dos nosos sectores produtivos e dos nosos sectores industriais e empresas
estratéxicas”, con comarcas enteiras afectadas, sobre todo no Norte de Galiza, por mor dese proceso
de descarbonización e dixitalización.
Acusa o presidente da Xunta de aplicar unha “política suicida” utilizando ademais “de forma
autoritaria a súa maioría” para aplicala provocando un “agravamento da situación” como
consecuencia da súa “submisión e dependencia aos designios de Europa e de Madrid”. E cuestionou
non xa os fondos Next Generation pola súa “opacidade” e porque “son un auténtico festín para os
fondos de investimento”.
Fondos que ven como unha oportunidade o “boom” que se está producindo no sector enerxético que
“espolian os nosos recursos” deixando en Galiza, unicamente o dano social porque “para nada crean
emprego”.
Un proceso que nos vén que non redundará “nin no emprego, nin na industria, nin nun futuro digno
para o conxunto da clase traballadora, nin para os sectores sociais máis afectados, sexan as
mulleres, ou sexa a mocidade que, de novo, está sendo vítima dunha emigración interminables”.
As mulleres, as máis castigadas
A este respecto, a secretaria de Organización, Susana Méndez, que compareceu xunto a Carril na
rolda de prensa, incide na situación das mulleres que “xa partían dunha secular discriminación” que
se viu acrecentada este último ano pola situación sanitaria e económica.
Nese sentido denuncia que se está dando “unha feminización da precariedade e da pobreza como
nunca antes”, porque “os sectores máis feminizados”, entre os que salientou hostalería e comercio,
“son dos máis afectados”, afirmou.
Méndez asegura que moitas destas traballadoras que están agora no desemprego ou en situación de
ERTE, “viñan xa padecendo condicións laborais e salariais precarias, agora agravadas por esta
situación de crise”. E a estas engade as traballadoras dos sectores relacionados cos coidados, onde
se evidencia, “o absolutamente esenciais que son as tarefas que desempeñan e o precarizadas que
son as condicións laborais e de salario que teñen estes empregos”.
Por iso, apunta que a CIG ten en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para unha
Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular por un Sistema Público Galego de Servizos de
Atención ás Persoas que supón “a integración nunha única rede pública dos centros ou servizos de
coidados” entre os que sinalou residencias, centros de día, centros de atención ás persoas con
diversidade ou servizos de axuda no fogar, entre outros.


LUGARES E HORARIOS DAS MOBILIZACIÓNS:
Ferrol: 12h, desde o local da CIG (Av. De Esteiro).
Pontevedra: 11.30h, Praza da Ferrería.
Vilagarcia: 11.30h, Rotonda do Ramal.
A Estrada: 12h, Praza da Feira.
Santiago: 12h, desde a Praza Roxa.
Ribeira: 12h, Praza do Peixe.
A Coruña: 12h, desde a Praza de Vigo.
Cee: 12h, Praza do Concello.
Vigo: 12h, desde A Dobrada.
Cangas: 12h, Praza do Concello.
A Guarda: 12h, Praza Avelino Vicente (As de Copas).
Ourense: 11h, desde a Praza Maior.
O Barco: 12h, Praza do Concello.
Verín: 12h, Praza do Concello.
Lugo: 12h, desde o edificio sindical (Ronda da Muralla).
Viveiro: 12h, Xardíns Noriega Varela (Palco da Música/Rosa dos Ventos).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones