Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CIG-Saúde denuncia a saturación asistencial que se esta a producir na Guarda e o Rosal

Esta situación prodúcese pola falta de cobertura de vacacións e baixas.

Esta situación prodúcese pola falta de cobertura de vacacións e baixas.

Fecha: 04 de Julio de 2019

Fuente: CIG

A penas acaba de iniciar o período estival e esta zona, que ten un aumento exponencial de poboación por mor do turismo, xa conta en algúns dos cupos médicos con máis dunha semana de agarda para unha cita ordinaria no centro de Saúde da Guarda e preto xa de dúas nalgún cupo do Rosal. Esta situación prodúcese pola falta de cobertura de vacacións e baixas.

A esta situación súmaselle a situación do PAC, que xa teñen denunciado as propias traballadoras, que conta cun só equipo asistencial médica-enfermeira para as urxencias que se xeran na Guarda, O Rosal e Oia. O incremento de traballo neste servizo no verán é importante debido ao aumento de poboación e comezase a notar o incremento de traballo derivado tamén destas listas de espera en atención primaria. A situación é grave mais cando é frecuente a ausencia do único equipo sanitario da zona por mais de dúas horas en caso de ter que atender a algún paciente durante o traslado en ambulancia ate o hospital de referencia.
 
O aumento de necesidades derivado do aumento de poboación non se ve reforzado e incluso se contan con moitos menos efectivos. É evidente que dar a mesma calidade asistencial con menos efectivos non é posíbel.

O SERGAS ten que tomar medidas urxentes con respecto as políticas de persoal con convocatorias de OPE que cubran o 100% das xubilacións xeradas nos últimos anos e con incrementos reais dos cadros de persoal para rematar coa precariedade do persoal.

Queremos lembrar que esta situación estase a dar con dous conflitos abertos nestes momentos entre o SERGAS e Atención Primaria e cunha Folga nos PACS que xa supera os 6 meses e sen unha vontade de resolución por parte da Administración.

É necesario escoitar as traballadoras e deixar de facer políticas que dan as costas as necesidades de saúde das nosas doentes e que se dean respostas as demandas das traballadoras que son as que coñecen realmente as necesidades no seu traballo diario.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones