Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A comarca do Baixo Miño acadou un 65% de ocupación hoteleira durante a Semana Santa 2018

A presidenta da Deputación destacou que -superamos a nosa estimación do 62% ata en máis de seis puntos, e iso a pesar das inclemencias climatolóxicas-

A presidenta da Deputación destacou que -superamos a nosa estimación do 62% ata en máis de seis puntos, e iso a pesar das inclemencias climatolóxicas-

Fecha: 04 de Abril de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta dos resultados de ocupación hoteleira media da provincia de Pontevedra durante a Semana Santa que foi do 68,3%. Silva valorou positivamente estes resultados que superan ata en máis de seis puntos a estimación realizada antes deste período, cando se prevía unha ocupación hoteleira do 62%.

Carmela Silva subliñou que "xa cando demos a coñecer as nosas previsións asegurábamos que existía incerteza debido ao anuncio dun tren de borrascas que ao final si tivemos e deixou choivas a maior parte dos días de vacacións. Comezamos coa cicloxénese explosiva Hugo e rematamos a semana con ata neve a 30 quilómetros de Pontevedra... E todo isto sumado a que marzo do 2018 foi o mes con máis precipitacións dos últimos dez anos, segundo as estacións meteorolóxicas da provincia". Sen embargo, "pese a estes factores negativos -destacou a presidenta provincial - ao final superamos as nosas estimacións do 62% ata en máis de seis puntos, acadando unha ocupación final do 68,3% nos establecementos hoteleiros da provincia de Pontevedra".

A presidenta da Deputación detallou os resultados obtidos por comarcas, asegurando que O Salnés obtivo unha ocupación do 58,13%, con picos do 60% en localidades como O Grove ou Sanxenxo. Pola súa banda Pontevedra, cunha ocupación do 83,5%, "foi a comarca con mellores resultados da provincia. Incluso os propios representantes do sector sinalan que moita xente que tiña previsto acudir a outros puntos da provincia finalmente veu pasar os días ata esta comarca", destacou Carmela Silva.

O Morrazo superou ata en 15 puntos as estimacións efectuadas pola Deputación de Pontevedra, chegando ao 59% de ocupación definitiva. No caso da comarca de Caldas practicamente se cumpriron as previsións da institución provincial, ao obter un 85% fronte ao 87% que se agardaba.

A comarca de Vigo obtivo unha ocupación media do 61%, tamén moi por riba da estimación prevista que se situaba no 50%. Pola súa banda, a comarca do Baixo Miño acadou un 65%, as comarcas do Condado e da Paradanta chegaron ao 80% e as do Deza e Tabeirós-Terra de Montes ata o 70%.

A presidenta da Deputación tamén deu a coñecer a variación interanual na provincia de Pontevedra destacando que, "se comparamos o mes de marzo do 2018 co mesmo mes do ano anterior, este ano os datos foron moito mellores xa que a ocupación foi tres puntos superior á obtida en marzo do 2017, é dicir, un 43% este ano fronte ao 40% do pasado".

En canto ao turismo rural, Carmela Silva informou que acadou unha ocupación do 47,42% na provincia de Pontevedra. "Se atendemos ao conxunto do mes de marzo - asegurou a presidenta provincial- os datos foron moito mellores que os acadados o ano pasado, con máis de 13 puntos por riba do obtido en marzo do 2017 cando se rexistrou unha ocupación nos establecementos de turismo rural do 10% fronte ao case 24% de marzo deste ano".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí