Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Comarca do Baixo Miño superou o 82% de ocupación na mellor Semana Santa dos últimos anos

O certo é que superamos a cifra con creces - subliñou a Presidenta - xa que falamos dunha ocupación provincial do 85,59%, similar á do pasado verán cando tivemos unha media do 85,6%

O certo é que superamos a cifra con creces - subliñou a Presidenta - xa que falamos dunha ocupación provincial do 85,59%, similar á do pasado verán cando tivemos unha media do 85,6%

Fecha: 22 de Abril de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance dos resultados de ocupación hoteleira da pasada Semana Santa, "a mellor dos últimos sete anos". Os datos adiantados antes do comezo da Semana Santa por Turismo Rías Baixas estimaban, "de forma prudente" - tal e como asegurou Silva-, que durante a Semana Santa a ocupación se situaría no 70% nas Rías Baixas. "O certo é que superamos a cifra con creces - subliñou a Presidenta - xa que falamos dunha ocupación provincial do 85,59%, similar á do pasado verán cando tivemos unha media do 85,6%, e superando en case 16 puntos a acadada na Semana Santa do 2016". Amais, Carmela Silva engadiu que a maior afluencia de persoas que chegaron ás Rías Baixas tivo lugar dende o xoves ata o luns, co cheo absoluto, do 100%, en practicamente toda a provincia de Pontevedra.

Por comarcas, os datos de Turismo Rías Baixas poñen de manifesto que a ocupación hoteleira durante a Semana Santa no Salnés foi do 90,5% fronte o 75% estimado. Unha porcentaxe final que se superou en zonas do Grove, se acadou en localidades como Sanxenxo ao longo da semana e que chegou ao 100% de xoves a domingo.

Na comarca de Pontevedra a ocupación hoteleira acadou o 91% fronte ó 75% que tiña estimado Turismo Rías Baixas. "Ao igual que sucedeu no Salnés - segundo destacou Carmela Silva- rozouse o cheo durante os días festivos".

Pola súa banda, no Morrazo Turismo Rías Baixas estimaba unha ocupación do 70% e se superou o 83,33% durante toda a Semana Santa e en Caldas fronte ó 80% da estimación obtívose un resultado final do 88%.

A comarca de Vigo esperaba superar o 75% da ocupación hoteleira e, segundo os datos de Turismo Rías Baixas, obtívose un resultado final do 90% durante toda a semana, ascendendo ó 100% nos festivos.

Nas comarcas do Baixo Miño superouse o 82% (agardábase o 50%), no Condado e na Paradanta o 80% (estimábase un 55%) e no Deza e Tabeirós- Terra de Montes do 80% (esperábase superar o 60%).

En canto ao turismo rural, a Presidenta da Deputación de Pontevedra tamén fixou un balance positivo: "obtivemos unha ocupación do 70%, dez puntos por riba que na Semana Santa do 2016 e ata 5 puntos máis que no verán pasado, polo que estamos a falar de datos históricos para o turismo rural das Rías Baixas".

Máis polo miúdo, Carmela Silva deu a coñecer a ocupación dos establecementos de turismo rural por comarcas. Así, no caso do Salnés foi do 84%, 22 puntos por riba das previsións realizadas por Turismo Rías Baixas. No caso da comarca de Pontevedra a ocupación foi do 83%, case o dobre da estimación realizada polo organismo turístico da institución provincial.

A ocupación dos establecementos rurais da comarca do Morrazo foi do 66% e en Caldas do 80%. Vigo obtivo o 67% e O Baixo Miño o 80%. Pola súa banda, as comarcas do Condado e A Paradanta superaron o 67% e Deza e Tabeirós-Terra de Montes do 40%, en ambas as dúas 10 puntos máis que o previsto.

A Deputación de Pontevedra está a desenvolver numerosas actuacións para captara un maior número de turistas, potenciando actividades para desenvolver o turismo nas Rías Baixas, mellorando a nosa imaxe e transmitindo un novo modelo de promoción. Na actualidade a institución provincial está a ultimar a presentación do destino Rías Baixas en Lisboa, que terá lugar proximamente, e da promoción en Porto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones