Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS DE TOMIÑO PARTICIPA NA ASEMBLEA DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN

Representantes das deputacións e concellos socios están chamados a participar este xoves na xuntanza en Santiago de Compostela

A presentación do Plan de actividades para este ano contará coa actuación de Batuko Tabanka, grupo integrado por mulleres caboverdianas

Fecha: 17 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A concelleira de Servizos Sociais de Tomiño, Cristina Martínez, participará este xoves 17 de marzo en Santiago de Compostela na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Tomiño. Na xuntanza, que dará comezo ás 11 horas na sede da Fegamp, someterase a aprobación o Plan de actividades para 2016. Para presentar unha das novas propostas deste ano, contarase coa actuación das caboverdianas Batuko Tabanka.

Representantes das deputacións e concellos socios do Fondo Galego están chamados a participar nesta primeira Asemblea convocada pola nova Comisión Executiva, que se renovou tras as eleccións locais. O presidente, Juan González, abrirá a sesión expoñendo o informe de situación da entidade, para pasar logo á aprobación do balance económico de 2015. Darase conta a seguir das últimas altas e baixas de socios e, para rematar, presentarase tanto a planificación coma o orzamento previsto para o presente exercicio.

‘O municipalismo galego, aberto a cooperar' é o título do Plan de actividades 2016, que inclúe accións de fortalecemento do Fondo Galego, de sensibilización social fronte as desigualdades, de proxectos de cooperación internacional e de comunicación. Ampliar o número de administracións asociadas, reeditar o concurso fotográfico Imaxes con Fondo, intensificar o traballo en Mozambique ou identificar programas de cooperación son algunhas das actuacións previstas, ao abeiro das Liñas Estratéxicas 2016-2019.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está formado por 84 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones