Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN CONTINÚA A SÚA APOSTA POLO APOIO AO ALUMNADO CON MÁIS DIFICULTADES A TRAVÉS DA SINATURA DE CONTRATOS-PROGRAMA CON 340 CENTROS EDUCATIVOS PROVISIONALMENTE INSCRITOS

O número de centros increméntase respecto dos 334 do ano pasado

O número de centros increméntase respecto dos 334 do ano pasado

Fecha: 04 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a pechar a sinatura dos contratos-programa para o curso 2014-2015 cun total provisional de 340 centros educativos, o que supón un incremento respecto dos 334 que os subscribiron no 2013/2014. Para o desenvolvemento destas iniciativas a Consellería destinará 96 profesores, cifra moi similar á do curso pasado, ademais dos fondos adicionais que lles concede aos centros para que o profesorado en plantel asuma a impartición destes programas, e que este ano ascenden a máis de 3,6 millóns de euros.


Neste sentido cómpre lembrar que a subscrición dun contrato-programa non implica necesariamente a dotación dun docente a maiores, polo que a Consellería non comprende o motivo que está a levar a algúns centros a rexeitar a sinatura este ano cando en cursos anteriores xa fixeron fronte a esta iniciativa co propio profesorado do centro, é dicir, sen contratar máis persoal. En calquera caso a dos contratos-programa é unha iniciativa voluntaria á que os centros poden ou non optar, e pola que a Consellería aposta como ferramenta para a loita contra o abandono temperán e para a mellora da calidade educativa.

De feito cómpre sinalar que, entre outras accións desenvolvidas desde a Consellería, os contratos-programa teñen contribuído a un descenso moi significativo da taxa de abandono educativo temperán. Non en balde, Galicia rexistrou no ano 2014 unha taxa media de abandono educativo temperán do 18,5%, que no último trimestre do ano foi do 16,4%, a taxa máis baixa rexistrada na historia.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones