Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN PECHA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DOS CONTRATOS-PROGRAMA PARA APOIAR OS PROGRAMAS DE MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA EN 348 CENTROS EDUCATIVOS

O número de centros increméntase respecto dos 334 do ano pasado, e a dotación económica da iniciativa ascenderá a máis de 3,6 millóns de euros

95 profesores incorporaranse ao longo das vindeiras semanas ao desenvolvemento destas iniciativas

Fecha: 05 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pechou esta mañá a resolución dos centros que asinarán contratos-programa para este curso 2014-2015, un total de 348 centros educativos, o que supón un incremento respecto dos 334 que os subscribiron no 2013/2014. Este incremento pon de manifesto tanto o esforzo da propia Consellería como o compromiso dos centros educativos - que a Xunta agradece, como non podería ser doutra forma- e a eficacia das actuacións.

Así as cousas, o departamento educativo da Xunta de Galicia celebra o éxito da iniciativa entre a comunidade escolar, así como o cambio de postura dalgúns sindicatos, que pasaron de ser moi críticos cos plans innovadores postos en marcha pola Consellería - incluído este dos contratos-programa-, a defender non só a súa existencia senón a súa ampliación, algo que coincide plenamente cos postulados deste departamento.

As distintas actuacións dos contratos-programa comportan un gran esforzo da Consellería, tanto na dotación de profesorado como na asignación de recursos económicos para gastos de transporte e funcionamento. Así, nos próximos días incorporaranse 95 profesores aos centros que desenvolven estas iniciativas, cifra moi similar á do curso pasado, ademais dos fondos adicionais que lles concede aos centros para que o profesorado en plantel asuma a impartición destes programas, e que este ano ascenden a máis de 3,6 millóns de euros.

Neste sentido cómpre lembrar que a subscrición dun contrato-programa non implica necesariamente a dotación de persoal docente a maiores, polo que a Consellería non comprende o motivo que está a levar a algúns centros a rexeitar a sinatura este ano cando en cursos anteriores xa fixeron fronte a esta iniciativa co propio profesorado do centro, é dicir, sen contratar máis persoal. En calquera caso a dos contratos-programa é unha iniciativa voluntaria á que os centros poden ou non optar, e pola que a Consellería aposta como ferramenta para a loita contra abandono o abandono temperán, o éxito escolar e, polo tanto, a mellora da calidade educativa.

De feito cómpre sinalar que, entre outras accións desenvolvidas desde a Consellería, os contratos-programa teñen contribuído a un descenso moi significativo da taxa de abandono educativo temperán. Non en balde, Galicia rexistrou no ano 2014 unha taxa media de abandono educativo temperán do 18,5%, que no último trimestre do ano foi do 16,4%, a taxa máis baixa rexistrada na historia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones