Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Consellería de Educación renovará a cuberta do ximnasio do CPI Suárez Marquier no Rosal

O alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, acompañou ao conselleiro na visita ao centro educativo onde lle explicaron o proxecto ao equipo directivo.

O alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, acompañou ao conselleiro na visita ao centro educativo onde lle explicaron o proxecto ao equipo directivo.

Fecha: 26 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de O Rosal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria renovará a cuberta do ximnasio do CPI Suárez Marquier, en O Rosal. A actuación foille explicada onte ao equipo directivo do centro polo conselleiro Román Rodríguez e polo alcalde do concello, Jesús Mª Fernández Portela, que tamén estiveron acompañados polo xefe territorial de Educación na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, por responsables da Unidade Técnica e polo equipo redactor do proxecto.

Tal e como explicou o conselleiro e os representantes da Consellería, o proxecto técnico de cambio da cuberta está actualmente en fase de realización e a previsión pasa por comezar coa obra a finais de setembro para finalizala nun mes e medio. Estes traballos poderán compatibilizarse coa actividade lectiva, xa que se trata dun volume separado do edificio principal do centro.

Pola súa banda, o alcalde destacou que se trata dunha actuación moi importante para todo o concello, xa que o pavillón non é só de uso lectivo, senón que tamén o empregan os clubs municipais. Por tanto, Fernández Portela agradeceu a visita do conselleiro e a implicación do seu departamento neste centro, atendendo a unha vella petición da comunidade educativa. Ademais, lembrou o importante investimento da Consellería de Educación nos centros do concello desde 2009, onde se teñen feito varias reformas de carpintería metálica, iluminación, teitos, acondicionamento xeral, pintado etc., en colaboración co goberno local.

Tamén é importante destacar o investimento que se fará proximamente na restauración das cubertas de todas as escolas unitarias que pertencen ao CRA Mª Zambrano e do centro médico de San Miguel. Este investimento farase a través do Plan Concello da Deputación de Pontevedra.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones