Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A CONSELLERÍA DO MAR REGULA POR PRIMEIRA VEZ A EXPLOTACIÓN DOS RECURSOS ESPECÍFICOS EN CONXUNTO NO LITORAL GALEGO

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde que rexerá os plans de xestión e as habilitacións necesarias para a explotación de especies coma o percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anémonas e poliquetos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde que rexerá os plans de xestión e as habilitacións necesarias para a explotación de especies coma o percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anémonas e poliquetos

Fecha: 22 de Enero de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería do Mar regula por primeira vez a explotación dos recursos específicos en conxunto no litoral galego. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde que rexerá os plans de xestión e as habilitacións necesarias para a explotación de especies coma o percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anémonas e poliquetos. Ata a actualidade só estaba regulada de xeito específico a extracción de percebe e de poliquetos, de aí a necesidade de elaborar unha norma que recolla todos os recursos específicos.

As novidades que presenta o texto teñen que ver coa obtención de habilitacións para a extracción destes recursos, coa renovación das xa existentes e cos plan de xestión destas especies. Así, en relación coa obtención de novas habilitacións, a norma recolle o proceso selectivo para a obtención dos permisos para a súa extracción.

A Orde tamén establece os aspectos que hai que cumprir para renovar as habilitacións xa existentes. Así, no caso da renovación dos permisos para o marisqueo a pé para recursos específicos, requírese acreditar un 70% da actividade extractiva, un 95% dos traballos de semicultivo e vixilancia (se así o recolle o plan de xestión) e cumprir as prescricións que figuren no plan.

Para a renovación destes permex de marisqueo desde embarcación requirirase ter acreditada unha porcentaxe de actividade -dependendo do número de modalidades de recursos específicos dos que dispoña a embarcación-, ter feito o 95% dos días de traballos de semicultivo e vixilancia (se así o recolle o plan de xestión), cumprir as prescricións que figuren no plan e ter exercido unha actividade para manter o número de cotas de captura ás que pode ter dereito a embarcación. A obrigatoriedade de acreditar unha actividade mínima para renovar as habilitacións e manter as cotas ten por obxecto evitar que se infrautilicen os permisos ou cotas outorgadas ás embarcacións e, polo tanto, promover a incorporación de persoas ao sector.

Plans de xestión
A Orde tamén regula o contido mínimo dos plans de xestión, o proceso de elaboración e aprobación e o seu desenvolvemento. Nesta liña, a norma establece que os plans de xestión presentados polas entidades deberán recoller as accións formativas realizadas polos colectivos para unha mellor xestión e conservación dos recursos específicos, as medidas para minorar o impacto ambiental da actividade marisqueira e a protección da biodiversidade. Tamén se establece que o prazo de presentación dos plans será ata o 30 de setembro de cada ano.

Con esta regulamentación, contribuirase á explotación sustentable dos recursos específicos existentes, tendo en conta sempre aspectos socioeconómicos e atendendo á profesionalización do sector e ao fortalecemento das agrupacións sectoriais. O texto foi consultado co sector mediante dúas xornadas de traballo nas que persoal da Consellería do Mar informou aos mariscadores do seu contido.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones