Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A contorna da Igrexa de Figueiró en Tomiño será mellorada este ano

A obra máis salientable é a reforma da contorna da Igrexa de Figueiró que, dados os numerosos visitantes que atrae o santuario de San Campio, foi proposta polo goberno local para ser mellorada este ano

A obra máis salientable é a reforma da contorna da Igrexa de Figueiró que, dados os numerosos visitantes que atrae o santuario de San Campio, foi proposta polo goberno local para ser mellorada este ano

Fecha: 21 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O concello de Tomiño solicitou, ao abeiro do Plan Concellos, preto de 950.000 euros que repercutirán en melloras en distintas parroquias do municipio.

A obra máis salientable é a reforma da contorna da Igrexa de Figueiró; unha das prazas máis fermosas do concello, que debido aos numerosos visitantes que recibe o santuario de San Campio de Lonxe, foi proposta polo goberno local para ser mellorada este ano.

O proxecto, ao que se destinarán 440.000 euros, será amosado aos veciños e veciñas, o vindeiro martes, 22 de maio, nunha reunión que terá lugar no Centro de Figueiró. Previamente foi presentado ao párroco, bispado, comunidade de montes e asociación veciñal. Nestes momentos, concretamente, está pendente da autorización do bispado, e conta co informe favorable de Patrimonio, autorización sectorial necesaria para levar adiante as obras.

Na actualidade, a praza de Figueiró utilízase coma aparcamento de vehículos e pouco máis, non sendo posible un uso para goce das persoas. Segundo o deputado provincial e edil tomiñés Uxío Benítez "a idea é convertela nun referente, coma se fixo ca Praza do Seixo, un lugar de encontro, para as persoas, e preferentemente peonil".

A este proxecto destinarse un total de 440.000 euros.

Ademáis da mellora da Praza de Figueiró, vaise acondicionar tamén, a contorna da Igrexa de Amorín; obra valorada en 180.000 euros.

Asemade, acometeranse melloras en distintas estradas de competencia municipal, por un importe de 325.000 euros, e substituirase a herba natural do campo de fútbol do Alivio por herba sintética, co fin de poder usalo máis seguido e aforrar en mantemento.

Por último continuarase coa mellora da contorna da Alameda, e do entorno da escola de música de Goián.

Finalmente, é necesario lembrar que parte do Plan Concellos foi destinado xa ao fomento do emprego, por un importe de 270.000 euros que permitiron contratar a 25 persoas nos sectores de xardinería, limpeza, carpintería, electricidade, administración e outros.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones