Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A cuarta edición do programa conecta peme mobilizará no Baixo Miño 2,3m?

Inversións en proxectos que impulsan a innovación e nos que participan empresas de Tui e A Guarda

O obxectivo é incrementar a I+D+i empresarial en Galicia primando na selección dos proxectos o novidoso das tecnoloxías xeradas e a súa capacidade para poñer no mercado novos produtos e solucións

Fecha: 09 de Noviembre de 2018

Fuente: Xunta de Galicia - Delegación

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá os 1,3 millóns de euros destinados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para dous proxectos nos que participan unha empresa de Tui e outra da Guarda, dentro da cuarta edición do programa Conecta Peme. En total, mobilízanse 2,3 millóns de euros na comarca do Baixo Miño.

Segundo apuntou Cores Tourís, na actual convocatoria, mobilizaranse para toda Galicia, máis de 47M€ en 54 proxectos de innovación empresarial, no que o 93% das empresas beneficiadas son pemes.

O obxectivo desta iniciativa é incrementar a I+D+i empresarial en Galicia para o que se primou na selección dos proxectos o novidoso das tecnoloxías xeradas e a súa capacidade para poñer no mercado novos produtos e solucións que supoñan un avance significativo ou un alto impacto económico.

Estes 2 proxectos, están vinculados ao desenvolvemento experimental. Así, a empresa Cerámicas Técnicas da Guarda participará no proxecto Geopolar, centrado no desenvolvemento de geopolímeros funcionais para solucións construtivas e de tratamento de augas residuais aplicando o modelo de economía circular, xunto a outras 4 empresas de toda Galicia. Pola súa banda, a firma tudense Ronautica Quality Marinas SLU, forma parte do proxecto Floating-concrete, que traballa, xunto a outras 2 empresas galegas, na investigación de novas tecnoloxía se deseños para a fabricación de rompeolas e pantaláns flotantes de formigón.

Segundo explicou o delegado territorial, Conecta Peme está dirixido a proxectos que contan cun orzamento de entre 500.000 euros e 1,5 millóns, e é unha iniciativa que pretende estimular a innovación das pemes galegas para fortalecer a competitividade do tecido empresarial galego a través da cooperación entre os diferentes axentes, xa que cada proxecto conta coa participación de entre tres e seis empresas e pode incluír unha grande empresa. Ademais, optimízase o acceso ao financiamento ás pemes galegas, favorécese a transferencia de coñecemento ao mercado e foméntase a creación de emprego cualificado.

Desde a súa posta en marcha, no ano 2013, este programa está a mobilizar 150M€ en 187 proxectos de cooperación nos que están a participar pemes e centros tecnolóxicos e de investigación que están xerando a creación de 530 empregos en toda Galicia. Este programa compleméntase con Interconnecta que, desde 2011, tamén está a favorecer o desenvolvemento de 172 proxectos -que contan cun orzamento superior aos 1,5 millóns de euros- entre grandes consorcios de empresas e centros de coñecemento coa participación de 565 empresas galegas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones