Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación achega 21.500 euros destinados á Feira do Viño e ao Campamento de inglés no Rosal

O goberno de Carmela Silva aproba novas achegas por valor de máis de 450.000 euros para once municipios da provincia ao abeiro da liña 2 do plan concellos

O goberno de Carmela Silva aproba novas achegas por valor de máis de 450.000 euros para once municipios da provincia ao abeiro da liña 2 do plan concellos

Fecha: 18 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Cambados, Cuntis, Gondomar, Mos, Nigrán, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Vilaboa e Vilagarcía recibirán achegas para amortizacións, pagamento de débedas e gasto corrente

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de 453.101,06 euros destinadas a 11 concellos da provincia para realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos. Máis polo miúdo, os municipios que forman parte desta relación da Liña 2 do Plan Concellos aprobada polo goberno provincial son Cambados, Cuntis, Gondomar, Mos, Nigrán, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Vilaboa e Vilagarcía.

En concreto, Cambados beneficiarase de achegas por valor de 39.097,61 euros para gasto corrente novo. Pola súa banda, Cuntis, 17.083,32 euros para actividades culturais e deportivas e Gondomar recibirá 7.413 euros para gasto corrente novo..

En canto a Mos, recibirá 91.765,95 euros para o servizo público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria e Nigrán beneficiarase de 94.877,46 euros para actividades deportivas, espectáculos musicais e outras diferentes actividades lúdicas. Pola súa banda, Ponte Caldelas recibirá 14.399 euros para a asistencia técnica para contratación do servizo de xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria e Ponteareas, 55.000 euros para gasto corrente novo co que se financiarán actividades culturais e festivas.

Para O Porriño, a Deputación de Pontevedra achegará 18.613 euros para os programas "Xoves Teatrais" e "Venres Musicais" e para O Rosal, 21.500 euros destinados á Feira do Viño e ao Campamento de inglés

Por último, Vilaboa beneficiarase de 48.160,93 euros para actividades culturais e Vilagarcía de Arousa recibirá 45.190,7 euros para o servizo de mantemento dos semáforos do concello e o programa de sensibilización e formación en igualdade e recuperación persoal dende a perspectiva de xénero.

Con esta nova relación, xa son 47 os concellos que se están a beneficiar da liña 2 do Plan Concellos, que está permitir ás vilas da provincia desenvolver proxectos culturais, sociais e deportivos así como afrontar gasto corrente novo e o pago de subministracións. Ata o momento, o goberno provincial xa distribuíu 3.061,582,61 euros, o que supón o 76,54% da liña 2 que, este ano, ascende a preto dos catro millóns de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones