Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN ACONDICIONA A ESTRADA PROVINCIAL ENTRE TOMIÑO E SABARÍS

Os operarios da brigada provincial de Gondomar levan 12 días de traballo desbrozando as cunetas da vía, que ten 19,6 quilómetros de lonxitude

Os operarios da brigada provincial de Gondomar levan 12 días de traballo desbrozando as cunetas da vía, que ten 19,6 quilómetros de lonxitude

Fecha: 03 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Infraestruturas que dirixe o deputado Uxío Benítez, está a acondicionar a estrada que une Tomiño e Sabarís (EP-3102). Os operarios da brigada do parque provincial de Gondomar levan 12 días de traballo desbrozando as cunetas da vía, que ten 19,6 quilómetros de lonxitude a chega aos concellos de Gondomar e Baiona.
Segundo explicou Benítez, a brigada está a traballar no lugar de Pinzás e prevese que finalice o seu labor nos vindeiros días. A actuación consiste na limpeza e desbroce das marxes da estrada con medios propios da Deputación. Nun primeiro momento os operarios realizan un desbroce xeral cun tractor de grandes dimensións, para despois facer un reperfilado da cuneta coa cuchilla dunha motoniveladora. O traballo de retirada de maleza finaliza cun desbroce manual no que repasan zonas de difícil acceso, como os contornos das sinais de tráfico, biondas ou outros elementos.
Ademais, na EP- 3102 tamén se realizou unha limpeza das obras de drenaxe para evitar que se produzan asolagamentos e se formen balsas de auga na calzada nos días de chuvia intensa. A brigada repasou tanto as taxeas (construccións que permiten a drenaxe transversal das augas superficiais baixo a estrada) como as lonxitudinais (caños nas cunetas ou baixo as entradas a fincas ou vivendas).
Esta actuación, que se fixo en varias fases, enmárcase dentro dos traballos rutinarios de mantemento da rede de estradas provinciais que se intensifica nos meses de outono para evitar problemas coa chuvia. Segundo indicou o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, o correcto mantemento das vías supón un dos elementos máis importantes da seguranza viaria, tanto para os usuarios de vehículos como para os peóns, que nalgúns tramos utilizan as marxes da calzada para transitar.
As actuacións de desbroce e mellora das estradas planifícanse periodicamente dende o departamento provincial de Infraestruturas segundo as necesidades e situación de cada zona establecendo quendas de traballo pola provincia. Ademais das brigadas provinciais, os traballos tamén se executan cunha contrata. No mes de agosto a Deputación adxudicou á empresa Covsa o desbroce de 63 vías de titularidade provincial por un montante de 610.000 euros.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones