Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación activa tres liñas de axudas para poñer en valor o patrimonio marítimo-fluvial da provincia

As subvencións, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, destinaranse á rehabilitación de embarcacións tradicionais, aparellos de pesca e instalacións en terra, cun máximo de 10.000 euros por proxecto.

As subvencións, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, destinaranse á rehabilitación de embarcacións tradicionais, aparellos de pesca e instalacións en terra, cun máximo de 10.000 euros por proxecto.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Octubre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases dunha nova convocatoria de axudas dotada con 90.000 euros, destinada á recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial da provincia.

O presidente provincial, Luis López, destacou que “temos un patrimonio único no mundo e aquí estamos, dando resposta aos colectivos, con liñas de axudas encamiñadas a conservar algo que tanto nos identifica e tanto fala de nós como pobo”.

Tres liñas de actuación

As achegas estarán distribuídas en tres modalidades:

  • Rehabilitación de embarcacións tradicionais.

  • Recuperación de aparellos de pesca e elementos vencellados á cultura marítimo-fluvial.

  • Posta en valor de construcións e instalacións en terra.

Cada proxecto poderá optar a unha achega máxima de 10.000 euros, sempre que non supere o 80% do orzamento total da actuación.

Prazo de solicitude

As entidades sen ánimo de lucro interesadas disporán dun mes de prazo para presentar solicitudes, contado a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO).

Segundo recordou López, “no pasado Pleno o BNG demandaba sacar adiante esta liña de axudas, pese a saber que o procedemento xa estaba avanzado e ía a trámite nesta Xunta de Goberno”.

Con esta iniciativa, a Deputación busca preservar o patrimonio marítimo-fluvial da provincia de Pontevedra, un legado cultural e identitario que forma parte esencial da historia e da vida mariñeira da comunidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí