Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación adxudica as obras da nova avenida-variante de Tomiño

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica o orzamento final será de 1.920.116,65 euros

Están pendentes da Xunta os levantamentos definitivos de actas para poder ocupar os terreos

Fecha: 19 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar á empresa Construcciones, Obras y Viales SA (COVSA) a construción das obras da nova avenida variante de Tomiño que servirá para retirar o tráfico de paso do núcleo da vila. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou que a Xunta de Goberno provincial aprobou a contratación, que finalmente terá un orzamento de execución de 1.920.116,65 euros.

Nos vindeiros días a empresa terá que asinar o contrato formalmente, presentar o seu plan de seguridade e saúde para as obras, así como a acta final de replantexamento. Estes trámites coincidirán coa finalización do proceso de levantamento de actas para a ocupación dos terreos necesarios para a nova vía. Segundo explica o deputado de Mobilidade, persoal técnico da Xunta e da consultora responsable das expropiacións estivo a pasada semana no Concello de Tomiño levantando as actas previas, que terán que resolverse definitivamente para facer os pagos aos propietarios. O deputado agarda que o proceso burocrático estea totalmente pechado o vindeiro mes de xullo para poder iniciar as obras, que terán un prazo de execución máximo de 12 meses.

O proxecto da nova avenida-variante de Tomiño enlazará polo sur coa estrada provincial EP-3102 e polo Norte coa PO-344 (rúa Gondomar), proporcionando unha saída natural á rúa da República Arxentina e, de forma complementaria, ao Camiño do Alivio e ao Camiño da Pedra cara o leste do núcleo. Tamén enlazará coa futura vía de Alta Capacidade (VAC) Tui-A Guarda.

O trazado da nova vía esténdese durante 1.318 metros. A sección abrangue 16 metros de largo medio, 10 metros dedicados a unha plataforma de dobre sentido de circulación e seis metros dedicados a unha senda peonil e ciclista pola marxe esquerda e a unha separación intermedia coa calzada. Amais, o proxecto complétase mediante o deseño das interseccións co viario existente, incluíndo cinco glorietas.

A primeira glorieta estará no punto 0+000. Serve de conexión da variante coa EP-3102, coa PO-344 e coa rúa Gondomar, terá catro ramais de entrada e un radio de calzada de 18,65 metros. A segunda glorieta (no punto 0+230) serve de conexión da variante co Camiño do Alivio, con catro ramais de entrada, un único carril de circulación e un radio exterior de 14,68 metros.

A terceira glorieta (0+480) entronca coa avenida República Arxentina, que é un dos principais accesos ao núcleo do Seixo dende a PO-552. Terá dobre carril e un radio de 19 metros. Segundo explica o deputado Benítez, a intención é dar a esta glorieta un "tratamento máis urbano e de calidade", seguindo o estilo e o deseño que terá no futuro a avenida Arxentina, que o Concello quere peonalizar ata o edificio da Casa Consistorial con cargo ao programa provincial DepoRemse.

Por outra banda a cuarta glorieta (1+000) coordinará a avenida coa traza do enlace da VAC Tui- A Guarda co núcleo do Seixo e a rúa da Pedra. Terá cinco ramais de entrada e 24 metros de radio exterior, sendo a máis ampla de todas. A quinta rotonda conforma o final do proxecto e enlazará a variante coa PO-344 e un camiño municipal que serve de acceso á estrada de Barrantes.

Outro punto importante da nova avenida será a iluminación, que estará deseñada especificamente para a nova vía. O proxecto incorpora novas luminarias no bordo entre calzada e senda, cunha distancia entre as mesmas de aproximadamente 30 metros. Nas glorietas e interseccións instalaranse tamén puntos de luz que permitirán mellorar a seguranza viaria neses puntos. Todas elas seguirán as indicacións do Regulamento de Eficiencia Enerxética, de tipo led.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones