Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación adxudica o novo contrato para a posta en marcha da aplicación para a xestión electrónica das sancións de tráfico

A iniciativa da institución provincial chegará no Baixo Miño aos concellos de Tomiño, Tui e O Rosal

A institución provincial aproba un investimento de 92.000 euros que permitirá estender a aplicación software a 24 concellos da provincia

Fecha: 20 de Enero de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar por 92.020,50 euros a adxudicación do contrato para a implementación e posta en funcionamento da aplicación electrónica destinada á axilización da tramitación de denuncias por infraccións de tráfico en 24 concellos da provincia. Dito contrato foi outorgado á empresa "Gestión Tributaria Territorial S.A.".

Este software xa estaba sendo empregado en Caldas de Reis e O Porriño. A finalidade desta aplicación é facilitar o uso dos teléfonos intelixentes como instrumentos de captura de denuncias de tráfico naqueles concellos nos que o Servizo ORAL xestiona a tramitación destas notificacións.

A iniciativa da institución provincial chegará deste xeito a Baiona, Cambados, A Cañiza, Cangas, Cuntis, A Estrada, Gondomar, O Grove, Lalín, Meaño, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Ponte Caldelas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa. Estes concellos súmanse aos de Caldas de Reis e O Porriño, nos que este novo sistema xa está a funcionar dende hai uns meses. Polo tanto, serán un total de 26 concellos os que dispoñan desta aplicación.

A Deputación de Pontevedra ten encomendadas as facultades de xestión e recadación das multas de tráfico así como a encomenda de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico por parte dos concellos da provincia. A través desta iniciativa a institución provincial continúa esforzándose por dotar de novos medios tecnolóxicos e servizos do século XXI aos municipios máis pequenos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí