Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación aproba actuacións no patrimonio histórico e cultural

No Baixo Miño aprobáronse axudas por un importe de 33.738,53 euros para os concellos de A Guarda, Oia, e Tomiño

A mellora do Camiño e do Lavadeiro do Aloque na Guarda suporá unha inversión de 11.960,10?

Fecha: 18 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Esta liña de axudas contempla a restauración de bens inmobles de titularidade municipal, conxuntos urbanos e contornas naturais; a adquisición de bens integrantes do patrimonio histórico; e a instalación de paneis informativos neste tipo de bens

A Xunta do Goberno vén de aprobar na súa última sesión a resolución de axudas para actuacións no patrimonio histórico e cultural. Esta liña foi convocada cun orzamento de 500.000 euros e o número total de concellos beneficiarios ascende a 45. Hai que lembrar que o obxectivo xeral destas subvencións é o de promover a recuperación e rehabilitación deste tipo de patrimonio existente na provincia, sempre que sexa de titularidade municipal.

As bases contemplaban actuacións que incluísen propostas de obras de conservación, restauración e sinalización. Así, como obras de conservación estipulábanse as que tivesen como finalidade o mantemento do inmoble coas súas características e materiais orixinais, fosen reparacións puntuais, substitucións concretas de elementos deteriorados, ou as que derivasen de reparacións dos danos habituais provocados polo paso do tempo ou polo seu uso característico. Tamén contemplaba como subvencionables as obras de sinalización dos bens inmobles, e os estudos museográficos e arqueolóxicos coa información previa ao deseño dos mesmos e que son necesarios para a elaboración de sinais. A orde incluía ademais os proxectos técnicos oficiais e colexiados das actuacións a levar a cabo; o deseño e instalación de paneis informativos; e os gastos de estudos museográficos e arqueolóxicos para a elaboración dos paneis de sinalización, coa recollida da información precisa e veraz dos mesmos.

En canto á distribución das axudas, do total de 500.000 euros, un importe fixo de 250.000 euros repartiuse de forma lineal entre os concellos da provincia que presentaron solicitudes. Os outros 250.000 euros foron repartidos do seguinte xeito: o 20% desta cantidade destinouse ao grupo de concellos de ata 10.000 habitantes; unha porcentaxe do 40% destinouse ao grupo de concellos que teñan entre 10.001 e 20.000 habitantes; e outro 40% destinouse ao grupo de concellos que teñen entre 20.001 e 50.000 habitantes. A porcentaxe económica correspondente a concellos incluídos nestes grupos pero que non presentaron solicitude, foi redistribuída e engadida ás cantidades iniciais.

Distribución por comarcas
Na comarca de Vigo foron aprobadas axudas por un importe total de 79.349,28 euros, que corresponden a un total de 6 c0ncellos solicitantes: Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, O Porriño, Redondela, e Salceda de Caselas. Na comarca do Salnés as axudas ascenden a un total de 85.245,9 euros e corresponden aos concellos de Cambados, a Illa de Arousa, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. No Baixo Miño aprobáronse axudas por un importe de 33.738,53 euros para os concellos de A Guarda, Oia, e Tomiño. Na comarca de Pontevedra o importe dos proxectos aprobados suma 60.404,4 euros e corresponden a solicitudes dos concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, e Ponte Caldelas. Na comarca de Deza e Tabeirós o importe total é de 35.116,51 euros para proxectos procedentes de Forcarei, Lalín, Silleda, Agolada e Vila de Cruces. Na comarca do Morrazo a suma ascende a 74.748,15 euros e corresponde a solicitudes dos catro concellos: Cangas, Bueu, Marín e Moaña. Na comarca de Caldas as axudas suman 45.016,82 e corresponden aos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Portas e Valga. Por último, na comarca do Condado-Paradanta as axudas suman 86.380,41 euros e corresponden aos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de miño.
 
NO BAIXO MIÑO
 
A Guarda
Mellora do Camiño e do Lavadeiro do Aloque 11.960,10€
 
Oia
Restauración de Lavadeiro en Lavandeira 5.304,28€
 
Tomiño
Inventario, catalogación  documentación da arquitectura indiana de Tomiño e sinalización 16.474,15€
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones