Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación aproba novas achegas por 1,5 millóns da liña 3 do plan concellos que permitirán crear outros 147 empregos en nove concellos

Tomiño poderá financiar a contratación de 23 persoas traballadoras cunha achega 276.736,29?

Tomiño poderá financiar a contratación de 23 persoas traballadoras cunha achega 276.736,29?

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Febrero de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

  • Carmela Silva destaca a “axilidade” na aprobación, “sobre todo nun momento tan complexo no que o desemprego está a ser unha das graves consecuencias da Covid”
  • Coas achegas de hoxe son 34 os concellos que teñen aprobadas as axudas para financiar os contratos de 482 persoas traballadoras, cun investimento de 5,1 millóns de euros

A Deputación de Pontevedra segue a axilizar ao máximo a dotación de recursos aos concellos para garantir dereitos e servizos, nun momento de especial necesidade pola pandemia. Deste xeito, a Xunta de Goberno vén de aprobar hoxe  un novo investimento de 1,5 millóns de euros ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos que permitirá a nove municipios da provincia contratar a un total de 147 persoas traballadoras.

Con estas novas achegas, como explicou a presidenta Carmela Silva, e as xa concedidas a pasada semana, son xa 34 os concellos da provincia que teñen aprobadas axudas da Liña 3 para financiar os contratos de 482 persoas traballadoras, cun investimento total de 5,1 millóns de euros. Unha mostra, como subliñou, de “axilidade e eficacia para que os recursos cheguen aos concellos, sobre todo un momento tan complexo como este, no que o desemprego está a ser unha das graves consecuencias da Covid”.

As axudas da Liña 3 aprobadas hoxe benefician a Vilagarcía, Tomiño, A Illa, Soutomaior, Caldas, Meis, Mondariz, Rodeiro e Ponte Caldelas. Deste xeito, Vilagarcía poderá contratar a 38 persoas, cunha achega de 311.816,91€. Tamén na comarca do Salnés o concello da Illa de Arousa contratará a 10 persoas cun orzamento de 91.636€ e o de Meis, a 9 persoas traballadoras, cunha axuda de 109.968,48 €.

Na comarca de Pontevedra, Caldas recibirá unha achega de 201.254€ para a contratación de 11 persoas traballadoras, o mesmo número que poderá contratar Ponte Caldelas, que recibirá unha subvención de 128.212 €.

Doutra banda, Tomiño poderá financiar a contratación de 23 persoas traballadoras cunha achega 276.736,29€ e Mondariz, a 12 traballadoras e traballadores con unha subvención de 116.448,54€. No caso de Rodeiro, serán 15 as persoas contratadas, cun investimento de 116.617,26 € e, por último, en Soutomaior traballarán 18 persoas grazas á achega por importe de 126.474,30 €.

Doutra banda, tamén no marco do Plan Concellos, pero na liña de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou dúas achegas para Marín, por un orzamento total de 143.000 euros, que permitirán o financiamento da mellora e renovación do alumeado público no lugar de Castro e a construción dun columbario e oito panteóns no cemiterio da Raña.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí