Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación aproba o convenio para a nova avenida que rodeará o núcleo urbano do Seixo en Tomiño

Unha avenida que exercerá de variante ou rolda e que permitirá a mellora da mobilidade e integración urbanística do núcleo urbano.

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez asegura que a institución provincial financiará a nova vía xunto co Concello dentro do Plan de Actuacións 2017-2018, e a Xunta pagará as expropiacións dos terreos

Fecha: 17 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar hoxe en Xunta de Goberno o convenio dun dos proxectos máis ambiciosos do Plan de Actuacións 2017-1018 do departamento de Mobilidade provincial dirixido por Uxío Benítez: a construción dunha nova avenida que rodeará o núcleo urbano do Seixo en Tomiño, e que involucrará tanto á institución provincial como ao Concello de Tomiño e á Xunta de Galicia.

O obxecto do convenio, que se asinará nas vindeiras semanas, é a mellora da conexión entre a EP-3102 (Tomiño-Sabarís) e a estrada autonómica PO-344 mediante unha avenida que exercerá de variante ou rolda e que permitirá a mellora da mobilidade e integración urbanística do núcleo urbano. A intención é que, con esta vía de nova creación, o novo esquema de estradas permita derivar o tráfico que nestes momentos pasa polo núcleo da vila cara ao exterior, proporcionando unha mellora substancial da calidade urbana e da seguridade viaria, "aspectos que se consideran chaves", segundo asegura o deputado Uxío Benítez, e de maneira que tamén complemente a futura actuación autonómica no VAC Tui - A Guarda.

Segundo Benítez, a estrada provincial EP-3102 Tomiño-Sabarís e a estrada autonómica PO-344 conflúen ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo (Concello de Tomiño), e a súa confluencia está a xerar un "grave problema de conxestión de tránsito de vehículos en Tomiño", cunha intensidade media diaria de vehículos no núcleo de entre 5.000 e 10.000 coches.

Pola súa banda, o Concello de Tomiño ten desenvolvido varias actuacións de transformación do espazo público co fin de crear un núcleo urbano de preferencia peonil se ben, neste sentido para mellorar a seguridade viaria considérase necesario calmar o tráfico tamén na estrada autonómica. Por outra banda, a Xunta de Galicia ten aprobado o proxecto de vía de alta capacidade Tui-A Guarda que contempla un acceso ao núcleo de Tomiño que, se ben mellora a comunicación do mesmo, non resolve os problemas de tráfico antes expostos, o que obriga a un deseño global e conxunto da trama viaria que contemple todas as necesidades.

Así, o convenio aprobado hoxe permitirá unha solución a tres bandas: que o enlace no Seixo da futura VAC Tui - A Guarda se efectúe a través da nova avenida executada pola Deputación, pero coa implicación do goberno autonómico no financiamento das expropiacións dos terreos necesarios e coa posterior recepción por parte do Concello dun treito de aproximadamente un quilómetro da antiga estrada autonómica.

En canto ao orzamento, a execución desta actuacións estímase en 3.545.623,60, que se repartirán en 2.351.163,26 euros investidos pola Deputación provincial, 261.240,36 euros polo Concello de Tomiño, e 933.219,98 euros pola Xunta de Galicia en concepto de contratos de servizo e expropiacións, a repartir en diferentes anualidades.

A Deputación de Pontevedra será a encargada de elaborar o documento técnico, da licitación unha vez recibida a declaración de Utilidade Pública, de levar a cabo a execución das obras unha vez tramitados pola AXI os procedementos de expropiación urxente e de financiar os gastos de redacción do proxecto, a execución da obra así como os contratos de servizo accesorios para a dirección control e seguimento da execución de obras. Pola súa banda, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, asume os compromisos de aprobación do proxecto de trazado, coa tramitación do decreto de Utilidade Pública; a tramitación da información pública e inicio do correspondente procedemento de expropiación urxente antes do 01 de xullo de 2017; a xestión e custo do capítulo de expropiacións, así como os contratos de servizo necesarios para a realización dos trámites.

Esta actuación, denominada oficialmente ‘Mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo', está incluída na Estratexia de Mobilidade 3.0 que o pasado mércores se presentou oficialmente na Deputación para a mellora de 29 estradas na provincia de Pontevedra por un montante global de 22 millóns de euros. Na Xunta de Goberno de hoxe aprobouse o convenio para Tomiño, ao igual que tamén os de outras catro actuacións para Baiona, O Grove, Mos e Tui, das que tamén se deu conta.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones