Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación axiliza a posta en marcha do programa -en ruta coa depo- para o 2023

A Xunta de Goberno aproba el expediente para contratar a execución desta iniciativa, que ofrecerá o vindeiro 2023 un total de 20.000 prazas para que asociacións da provincia poidan realizar rutas por lugares emblemáticos

A Xunta de Goberno aproba el expediente para contratar a execución desta iniciativa, que ofrecerá o vindeiro 2023 un total de 20.000 prazas para que asociacións da provincia poidan realizar rutas por lugares emblemáticos

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Enero de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación segue a dar pasos para acelerar a posta en marcha dos seus programas sociais con maior participación. Deste xeito, tras aprobar as bases reguladoras a principios de mes, a Xunta de Goberno provincial vén de dar luz verde ao expediente de contratación para licitar a posta en marcha da vindeira edición do 2023 do programa “En Ruta coa Depo”, que ofrece alternativas de ocio e tempo libre ás asociacións e entidades do territorio .

 

Para o vindeiro ano “En Ruta coa Depo” volverá ofrecer un total de 20.000 prazas, cun orzamento previsto de licitación de preto de 480.000 euros. Hai que lembrar que este é o programa con maior concorrencia dos ofertados pola institución, e desde a súa posta en marcha no ano 2016 participaron máis de 93.000 persoas.

 

“En Ruta coa Depo” consiste en pasar un día de convivencia pola provincia a elixir entre 33 rutas que transcorren por lugares emblemáticos. Das citadas 20.000 prazas, 300 serán gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social. O obxectivo é dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo e crear espazos de unión e convivencia, e neste caso con especial atención ás persoas con diversidade funcional.

 

As citadas 33 rutas están divididas en itinerarios temáticos, culturais, marítimos, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais. A novidade para o vindeiro ano será a ruta O Pobo Galaico, que transcorrerá por Pontevedra e Cuntis.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí