Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación concede máis de 81.000 euros en axudas para actuacións no patrimonio no Baixo Miño

Esta liña de axudas contempla a restauración de bens inmobles de titularidade municipal, conxuntos urbanos e contornas naturais; a adquisición de bens integrantes do patrimonio histórico; e a instalación de paneis informativos neste tipo de bens

Esta liña de axudas contempla a restauración de bens inmobles de titularidade municipal, conxuntos urbanos e contornas naturais; a adquisición de bens integrantes do patrimonio histórico; e a instalación de paneis informativos neste tipo de bens

Fecha: 29 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta do Goberno provincial ten previsto aprobar na xuntanza desta semana a resolución de axudas para actuacións no patrimonio histórico e cultural. Esta liña foi convocada cun orzamento de 600.000 euros e o número total de concellos beneficiarios ascende a 46. Hai que lembrar que o obxectivo xeral destas subvencións é o de promover a recuperación e rehabilitación deste tipo de patrimonio existente na provincia, sempre que sexa de titularidade municipal.

As bases contemplaban actuacións que incluísen propostas de obras de conservación, restauración e sinalización. Así, como obras de conservación estipulábanse as que tivesen como finalidade o mantemento do inmoble coas súas características e materiais orixinais, fosen reparacións puntuais, substitucións concretas de elementos deteriorados, ou as que derivasen de reparacións dos danos habituais provocados polo paso do tempo ou polo seu uso característico. Tamén contemplaba como subvencionables as obras de sinalización dos bens inmobles, e os estudos museográficos e arqueolóxicos coa información previa ao deseño dos mesmos e que son necesarios para a elaboración de sinais. A orde incluía ademais os proxectos técnicos oficiais e colexiados das actuacións a levar a cabo; o deseño e instalación de paneis informativos; e os gastos de estudos museográficos e arqueolóxicos para a elaboración dos paneis de sinalización, coa recollida da información precisa e veraz dos mesmos.

Distribución por comarcas

Na comarca de Vigo foron aprobadas axudas por un importe total de 95.961,47 euros, que corresponden a un total de 9 c0ncellos solicitantes: Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, e Soutomaior. Na comarca do Salnés as axudas ascenden a un total de 50.288,98 euros e corresponden aos concellos de Cambados, a Illa de Arousa, Meis, Ribadumia e Sanxenxo. No Baixo Miño aprobáronse axudas por un importe de 81.080,32 euros para a totalidade dos concellos de dita comarca: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
 
CONCELLO DE OIA
6.361,80 €
SINALIZACIÓN MOSTEIRO DE OIA E PRAZA CENTINELA

CONCELLO DE GUARDA, A
10.989,52 €
SINALIZACIÓN E ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DA CHIMENEA DAS CACHADAS

CONCELLO DE ROSAL, O
7.048,08 €
PROXECTO PARA A INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO ECLESIÁSTICO DO ROSAL

CONCELLO DE TOMIÑO
36.300,00 €
SINALIZACIÓN E EQUIPAMENTO DO ECOPARQUE MONTE TETÓN

CONCELLO DE TUI
20.380,92 €
REHABILITACIÓN LAVADOIRO DA RODAS GUILLAREI


Na comarca de Pontevedra o importe dos proxectos aprobados suma 72.958,41 euros e corresponden a solicitudes dos concellos de Barro, Campo Lameiro, A Lama, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa. Na comarca de Deza e Tabeirós o importe total é de 26.213,34 euros para proxectos procedentes de Forcarei, Lalín, Silleda e Vila de Cruces. Na comarca do Morrazo a suma ascende a 102.197,46 euros e corresponde a solicitudes dos catro concellos: Cangas, Bueu, Marín e Moaña. Na comarca de Caldas as axudas suman 50.963,72 e corresponden aos concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. Por último, na comarca do Condado-Paradanta as axudas suman 68.365,19 euros e corresponden aos concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Arbo e Covelo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones