Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación continúa -democratizando- a cultura coa concesión das subvencións a 25 escolas de música da provincia

Carmela Silva: Xunto con Valencia, somos unha grande referencia, as nosas bandas de música son as máis numerosas de todo o Estado

Carmela Silva: Xunto con Valencia, somos unha grande referencia, as nosas bandas de música son as máis numerosas de todo o Estado

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Octubre de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra continúa o seu papel de “axente democratizador” da Cultura  ao aprobar, en Xunta de Goberno, a adxudicación das subvencións as escolas de música da provincia que dependen de asociacións sen ánimo de lucro. A convocatoria deste ano ascende a 90.000 euros, 10.000 euros máis que o ano anterior. Con estas achegas veranse beneficiadas 25 entidades de 19 concellos e con elas poderán financiar os seus gastos de funcionamento. As achegas foron concedidas en réxime de concorrencia competitiva tendo en conta o número de matrículas e de docentes, así como o orzamento de gasto de cada escola. Tódalas entidades solicitantes obtiveron a axuda provincial.

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, recordou que “hai anos que os concellos que teñen escolas de música viñeron pedirnos apoio” para a súa financiación, polo que dende a Administración provincial decidiron facer fronte a esta necesidade. “Consideramos que a formación musical é fundamental para construír unha sociedade onde a cultura sexa un elemento prioritario”. Por iso, Carmela Silva quixo por en valor que “xunto con Valencia, nesta provincia somos unha grande referencia; as nosas bandas de música son ás mais numerosas de todo o Estado”. Froito disto, continuou, xorden grandes os músicos e músicas que temos na provincia, “polo que, como presidenta da Deputación, estou encantada de financiar as escolas, por apostar pola cultura e pola música como instrumento fortalecedor da sociedade.”.

 

As subvencións chegarán á comarca do Deza con achegas á Asociación Amigos Banda de Música de Agolada, á Nova Banda de Música de Vilatuxe e á Banda de Música de Lalín así como á Asociación Cultural Banda de Música de Silleda.

 

Na comarca de Arousa financiaranse as Pre-escolas de Música dos concellos de Ribadumia e Vilanova.

 

Na comarca de Pontevedra os fondos chegarán á Asociación Cultura e Xuventude de Barro e á Asociación Cultural e Musical Escola de Música de Vilaboa así como a dúas entidades do concello de Pontevedra: a Musico Cultural San Martiño Salcedo e a Asociación Cultural A Tempo Escola de Música.

 

E no Morrazo subvencionarase a Asociación Xuvenil Cultural Staccato, de Cangas.

 

Para a comarca de Vigo a Deputación aprobou achegas para a Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso Mos, a Asociación Cultural e Social de Chapela (Redondela), Amigos da música (Salceda de Caselas), Agrupación Musical de Vincios (Gondomar) e Asociación Musical Artística de Arcade (Soutomaior). Ademais, tamén se financiarán catro entidades do concello de Vigo: a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida, a Asociación Banda Escola de Música de Beade, a Asociación Banda de Música Unión Musical de Valladares e o Ateneo musical de Bembrive.

 

As achegas tamén chegarán á comarca do Condado con financiamento para a Banda de Música de Rubios (As Neves) e a Asociación Banda Xuvenil de Xinzo e a Asociación Cultural Banda de Música Unión de Guláns (ambas de Ponteareas).

 

Finalmente, o apoio da Deputación notarse tamén no Baixo Miño cunha achega para a Asociación Agrupación musical do Rosal e outra para a Asociación Sociocultural de Goián (Tomiño).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí