Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación dá o pistoletazo de saída ao plan REACPON para os concellos da provincia

Carmela Silva: É o plan máis ambicioso da historia desta provincia para transformar o territorio e garantir servizos e dereitos á xente viva onde viva

Carmela Silva: É o plan máis ambicioso da historia desta provincia para transformar o territorio e garantir servizos e dereitos á xente viva onde viva

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Noviembre de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

César Mosquera: “A Deputación cambiou a cultura das peticións pola cultura da boa xestión”

“ReacPon n0n é un programa de obras, falamos do plan de transformación máis ambicioso da historia desta Deputación, para garantir servizos e dar equipamentos á xente viva onde viva, para xerar actividade económica e crear emprego, en definitiva para que os concellos poidan encarar a recuperación nas mellores condicións posibles”. Con esta declaración a presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao vicepresidente César Mosquera, presidiu hoxe a reunión  coas alcaldesas e alcaldes dos 47 concellos que teñen aprobados os  proxectos do Plan ReacPon, “47 grandes proxectos, dixo Carmela Silva, que chegarán a todo o territorio, Ogallá, engadiu, outras administracións públicas teñan a valentía e a decisión de apostar así por esta provincia”. No encontro, celebrado no Salón de Plenos e convocado para despexar dúbidas en canto ao proceso de tramitación e prazos das actuacións, tanto a presidenta como o vicepresidente agradeceron aos concellos “a calidade e ambición das actuacións presentadas” e pedíronlles “unha axilización máxima para que liciten canto antes as obras” .

A presidenta Carmela Silva, subliñou que este é “o momento de apostar” para reaccionar ante as consecuencias da pandemia con “políticas de inversión potentes e expansivas, fronte ás da contestación á crise do 2008, que foron regresivas”. A presidenta provincial cualificou de “decisión valente” o aumento do orzamento do Plan de 20 a 26,33 millóns de euros, “cun incremento da contía do crédito que solicitamos para que todos os proxectos poidan levarse a cabo”. Das 47 actuacións que se financiarán co ReacPon, 25 son de mobilidade segura, “onde somos a gran referencia de Galicia e do Estado e con este plan a transformación vai ser máis visible”; construiranse 3 bibliotecas; realizaranse 5 obras de reforma de Casas Consistoriais; 5 obras de remodelación de espazos culturais, unha potente actuación nun cemiterio e 8 de infraestruturas deportivas.

Carmela Silva lembrou que as actuacións do ReacPon son “unha oportunidade para os fondos Next Generation” e indicou que se estudarán as distintas convocatorias para que, en caso de que se permita ás deputacións presentar os proxectos, a de Pontevedra farao aproveitando á súa maior capacidade de xestión e persoal para facilitar a tramitación, pero en caso de que teñan que ser os concellos directamente “nós seremos quen estará detrás apoiándovos”, de xeito que se axudará tamén tecnicamente ás entidades locais.

A presidenta detallou máis polo miúdo o plan e aclarou diversas cuestións suxeridas desde os concellos referidas preferentemente á súa tramitación. Incidiu en que todas as actuacións deberán estar rematadas a 30 de abril de 2023 e xustificadas o 30 de setembro dese ano, sen posibilidade de ampliar a data, e destacou que as entidades locais poden iniciar xa a licitación dos seus proxectos de xeito anticipado segundo reflicte a Lei de Contratos, algo que animou a facer desde xa para axilizar os prazos.

Indicou tamén que esta axuda da Deputación si é compatible con outras achegas de carácter público ou privado para a mesma finalidade e que tamén se poden realizar modificacións dos proxectos. Engadiu que trala aprobación do ReacPon e o convenio tipo cos concellos, prevista para o 17 de decembro, notificarase aos municipios vía electrónica a concesión das axudas e que serán os concellos os encargados da licitación e adxudicación dos contratos. Amais, sempre que se cumpran as bases das axudas e a normativa de contratación pública, permitirase aos municipios iniciar a execución dos traballos antes de formalizar o convenio.    

Pola súa banda, o vicepresidente Mosquera parabenizou a alcaldesas e alcaldes pola calidades dos proxectos presentados e recoñeceu que están a “entrenar a cultura do traballo” de maneira moi satisfactoria, motivo polo que a Deputación aumentou de 20 a 26,3 millóns de euros a cifra que vai destinar ao programa. “Estamos gratamente sorprendidos e contentos co que sucedeu coas peticións”, insistiu, lembrando que se presentaron 55 solicitudes e saíron adiante 47.

Segundo dixo, o goberno da Deputación marcou dende o inicio varios criterios claros á hora de traballar na provincia, sendo un deles o cambio da ‘cultura da petición’ dos alcaldes e alcaldesas pola ‘cultura da xestión’ que prima os concellos que fan as cousas ben a través de convocatorias con criterios obxectivos, claros e cos que poder facer previsións de ingresos. “Queremos suprimir o de ‘a ver se consigo que’,’ a ver se teño un amigo que’ ou ‘a ver se teño unha influencia que’. Non te preocupes –díxolles ás e ós rexedores- en pasar o tempo en pedir, senón en gastar o tempo en traballar os proxectos, xa que se están ben terán financiamento”, insistiu.

Mosquera advertiu aos concellos que deben ter en conta que a execución inmaterial dos proxectos supón entre cinco e oito veces máis que a execución real das obras. Subliñou que se non se compren eses prazos “ou a obra non se fai, ou non se vai facer ben”.

Ao remate do acto, entregouse ás e aos representantes municipais unha guía sobre a tramitación do ReacPon e se emprazou aos alcaldes e alcaldesas a consultar cos técnicos e técnicas do Servizo de Cooperación da Deputación calquera dúbida ao respecto do plan. Neste senso, crearase unha base de datos de preguntas e respostas, tal e como se levou a cabo con outras iniciativas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí