Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DO PROGRAMA -DEPO EN MARCHA-

A través desta actuación, cuxo prazo de entrega de solicitudes estará aberto ata o 25 de abril, a institución provincial pretende favorecer o envellecemento activo

A través desta actuación, cuxo prazo de entrega de solicitudes estará aberto ata o 25 de abril, a institución provincial pretende favorecer o envellecemento activo

Fecha: 06 de Abril de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo de presentación de solicitudes para o programa "Depo en marcha 2016" cuxo principal obxectivo é favorecer o envellecemento activo dos maiores, pensionistas e xubilados da provincia de Pontevedra. As entidades interesadas en optar a un obradoiro do programa poderán entregar as solicitudes de inscrición ata o 25 de abril nos rexistros da institución provincial.

"Depo en marcha 2016" está dirixido a asociacións, federacións e confederacións inscritas como entidades de iniciativa social dentro da área de maiores da provincia de Pontevedra, entidades clasificadas na categoría tipo "terceira idade-pensionistas-xubilades", asociacións de maiores ou entidades que xustifiquen o seu labor no eido das persoas maiores.

A Deputación de Pontevedra, a través deste programa, oferta obradoiros gratuítos de 30 horas de duración a través dos cales se pretende favorecer o envellecemento activo, optimizando as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra. Amais, "Depo en marcha 2016" pretende establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que eleven o estado anímico das persoas maiores, potenciando movementos de participación e cooperación social, espazos de encontro e intercambio de experiencias así como evitando o illamento e as situacións de soidade.

As entidades interesadas en "Depo en marcha 2016" poderán elixir entre "traballando coas mans" (arte con flores, cestería, pintando teas, manualidades variadas, manualidades e reciclaxe), "entre fogóns" (cociña galega, conservas artesanais, licores caseiros, panadería e respostería e tapiñas e petiscos), "aprendendo da natureza" (plantas medicinais, poda e tarefas do campo), "móvete" (pilates, ioga, taichí, ximnasia de mantemento e zumba), "activando corpo e mente" (conservando a memoria, musicoterapia, risoterapia e control e manexo da ansiedade e do estrés), "enredando" (xogos tradicionais, teatro e fotografía), "dálle marcha" (bailes de salón e pandeireta e canto popular) e "en rede" (a internet e o correo electrónico, iniciación á informática e informática avanzada).

 

Máis información: www.depo.es e no BOPPO do 4 de abril de 2016.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones